Las Grecas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Las Grecas
OrixeMadrid, España
Período1974 - 1979
Xénero(s)Flamenco, rumba
Selo(s) discográfico(s)Sony Music, CBS
MembrosMalicia e Nani
Antigos membrosCarmela e Tina Muñoz Barrull

Las Grecas foi un dúo musical español de flamenco-rock conformado en 1973 por dúas irmás de etnia xitana: Carmela Muñoz Barrull (Valladolid, 19 de xullo de 1954), e Edelina Muñoz Barrull (Madrid, 17 de febreiro de 1957 - Aranjuez, 30 de xaneiro de 1995), máis coñecida como Tina. Tiveron un enorme éxito inicial co tema «Te estoy amando locamente», do cal venderon 500.000 copias, aínda que a súa carreira artística iría decaendo ata que as propias irmás Muñoz decidiron disolver Las Grecas.

Posteriormente, en 2007, e despois de facerse coa patente do nome de Las Grecas, Malicia decidiu constituír unha segunda formación do dúo xunto a Sofía Louzán, á que supliu despois pola súa antiga compañeira da súa anterior formación Las Suecas Nani.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De familia relacionada co ambiente musical (o pai delas era cantante de flamenco afeccionado), en 1965 as irmás Muñoz trasladáronse, por motivos laborais paternos, a Arxentina, onde empezaron a cantar en festas da comunidade española. Alí entraron en contacto coa música norteamericana, dende o rock de Jimi Hendrix ata o jazz de George Benson, sen obviar os artistas musicais suramericanos como o arxentino Sandro ou o brasileño Caetano Veloso. Regresaron a España en 1970, concretamente a un tablao de Toledo pertencente a un tío seu, e onde Carmela ía interesarse seriamente pola arte musical.

Unha vez trasladadas definitivamente a Madrid, Carmela empezou a buscar actuacións nalgún tablao para axudar na economía familiar, xa que o seu pai tivo que regresar outra vez a Arxentina. Despois de ser rexeitada nos tablaos ' Las Cuevas de Nemesio' ' e 'Arco de Cuchilleros' ', lugares onde non foi admitida por ser loura -e polo tanto algo que aos turistas vían raro nunha xitana-, conseguiu mellor sorte en 'Los Canasteros' ' onde chegou co pelo tinguido e acompañada pola súa irmá Tina. O tablao era de Manolo Caracol, quen as contratou ao instante.

Foron facéndose famosas no ambiente musical, e pouco despois foron contratadas pola cantante de flamenco Lola Flores para o seu tablao Caripén'. Sería neste lugar onde se deixarían caer o produtor José Luis de Carlos e o compositor Felipe Campuzano atraídos pola interpretación vocal ao unísono que facían Carmela e Tina nas súas actuacións. Ambos os dous ficharon ás irmás Muñoz para CBS, e para iso houbo que buscárlles un nome artístico, que sería «Las Grecas». O motivo era que a xente falaba delas como «as rapazas que cantan en grego», en referencia ao xeito no que as irmás Muñoz interpretaban a canción «Sagapó».

Gravacións[editar | editar a fonte]

Unha vez nos estudos Audiofilm de Madrid, José Luis de Carlos probou xuntar primeiro a Carmela e Tina con instrumentistas no xénero do flamenco e o pop, para finalmente decidirse facelas acompañar por músicos de rock de primeira categoría, como Johnny Galvao, Eddy Guerin ou Pepe Nieto. Gravouse o primeiro sinxelo, Te estoy amando locamente / «Amma immi», que resultou ser un éxito desbordante. Foi número un nas listas durante cinco semanas consecutivas, e chegou a vender 500.000 copias do disco. Por causa disto, o álbum 'Gipsy rock' ' non tardou en saír á venda.

Moi pouco tempo despois, lanzouse o segundo álbum das Grecas, Mucho más (1975). Similar ao anterior en canto a esquema e son, non tivo, non obstante, o éxito esperado. Tampouco os sinxelos extraidos del tiveron moito éxito. Con Tercer álbum intentaron as Grecas cambiar de rumbo, ao escoller para as súas gravacións os estilos musicais do funk e o soul. Aínda así, este álbum tampouco chegou a ser moi exitoso. En 1977 publicouse o que ía ser o último álbum das irmás Muñoz, Casta viva. Daquela, o terreo das Grecas xa o ocuparan outros artistas como Veneno ou, pouco despois, o propio Camarón de la Isla. Deste xeito, e ante os problemas profesionais que tiveron co seu apoderado -estafáralles parte do diñeiro que lles correspondía das actuacións, e despois de ser despedido, intentou, baixo a súa influencia, que as Grecas non tivesen continuidade no mundo musical-, Carmela e Tina decidiron disolver Las Grecas.

Discografía[editar | editar a fonte]

Formación orixinal con Carmela e Tina Muñoz[editar | editar a fonte]

  • Gipsy rock (1974)
  • Mucho más (1975)
  • Tercer álbum (1976)
  • Casta viva (1977)

Nova formación con Malicia e Sofía Lozano[editar | editar a fonte]

  • Si me dejaras amarte (2009)

Nueva formación con Malicia e Nani[editar | editar a fonte]

  • Auténticas (2011)
  • Siglo XXI (2012)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]