Picanzo nubio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Lanius nubicus")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Picanzo nubio
Macho de picanzo nubio ou enmascarado
Macho de picanzo nubio ou enmascarado
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Laniidae
Xénero: Lanius
Especie: L. nubicus
Nome binomial
Lanius nubicus
Lichtenstein, 1823
area de distribución: verán - laranxa, inverno - azul

area de distribución: verán - laranxa, inverno - azul

O picanzo nubio[Cómpre referencia] ou picanzo enmascarado[Cómpre referencia] é unha ave pertencente á familia do lánidos.

Características[editar | editar a fonte]

Este picanzo cría en arboredos abertos, con presenza de matogueiras[2]. Frecuentemente tamén preto de terras de labranza. É o picanzo máis pequeno de todos.[2] Presenta o corpo, a cabeza e o peteiros máis pequenos e esveltos. Os adultos teñen o dorso e as alas negras, con diversas manchas brancas. As femias son apreciablemente máis claras. A cara é branca cunha característica máscara negra. O bandullo é branco e mostra unha zona alaranxada.

Distribución[editar | editar a fonte]

Cría en Grecia, Bulgaria, Anatolia, próximo Oriente e zonas illadas de Irán e Irak[2]. Inverna en África. Durante a migración é visible no río Nilo, ribeiras do mar Vermello e península do Sinaí[2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BirdLife International (2012). "Lanius nubicus". Lista Vermella da IUCN (IUCN) 2012: e.T22705099A39387359. Consultado o 4 April 2016. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Svensson, Lars (2010). Ediciones Omega, ed. Guía de aves: España, Europa y región mediterránea. ISBN 978-84-282-1533-6. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre aves é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.