Lagosta verde
Aparencia
Panulirus regius | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Datos insuficientes[1] | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Panulirus regius De Brito Capello, 1864 |
Co nome de lagosta verde ou lagosta real coñécese unha variedade de lagosta, identificada como Panulirus regius (De Brito Capello, 1864), de menor calidade cá lagosta común ou europea (Palinurus elephas).
Descrición e hábitat
[editar | editar a fonte]De tamaño menor cá lagosta común e cá lagosta moura (Palinurus mauritanicus), con talles habitualmente ó redor dos 35 cm. A casca é de cor verdosa a azul, cunha franxa transversal amarela nos segmentos abdominais, así como nas patas.
Habita no Atlántico norte africano, nas costas occidentais de África e illas Canarias.
Sinonimia
[editar | editar a fonte]Tamén se denomina lagosta real.
- inglés: Royal spiny lobster
- francés: langouste royale
- alemán: Köningslanguste
- italiano: aragosta reale
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Panulirus regius". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2012.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2011. Consultado o 24 de outubro de 2012.