Saltar ao contido

Lago Isabella

Modelo:Xeografía físicaLago Isabella
Imaxe
Tipoencoro Editar o valor en Wikidata
Localización
País da cuncaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
División administrativaCondado de Kern, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 35°40′18″N 118°25′38″O / 35.671580555556, -118.42723611111
Afluentes
Efluente do lagoKern River (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Represado porIsabella Dam (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude760 m Editar o valor en Wikidata
Superficie4.500 km² Editar o valor en Wikidata

O Lago Isabella é un corpo de auga situado en California, na confluencia das bifurcacións norte e sur do río Kern ao sur das montañas da Serra Nevada, no terreo coñecido como Kern Valley ou Hot Springs Valley.

Os rexistros dos primeiros en asentarse neste punto xeográfico indican aos indíxenas Tübatulabal e Kawaiisu. En 1953 finalizou a construción do encoro Isabella como encargo ao Corpo de Enxeñeiros do Exército dos Estados Unidos para protexer das inundacións os asentamentos próximos, o que transformou os empregos da área centrados dende entón na economía turística ao redor do novo lago Isabella. Durante a construción do encoro a previa cidade de Isabella, fundada por Steven Barton en 1893 e bautizada na honra á raíña Isabel I de Castela, foi obrigada a moverse uns 2,4 km ao sur do lugar orixinal. A oficina de correos Isabella, que abrira en 1896, funcionaba no novo lugar; o nome da cidade cambiouse a Lake Isabella, facendo homónimo co novo lago en 1957.

Durante o 2023 o lago Isabella foi emblema da crise de seca no país, cando en setembro dese ano chegou a estar a só un 8 % da súa capacidade, revelando consigo o novo pobo pantasma de Whiskey Flat, asentamento creado durante a febre do ouro en 1940.[1]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Infografía Lake Isabella" (PDF). Gizmodo (en inglés). 2015-11-07. Consultado o 2024-07-23. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]