Lago Bourget

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 45°44′00″N 5°52′00″L / 45.73333, -5.86667

Vista do lago Bourget

O lago Bourget (en francés: Lac du Bourget) é o maior lago natural de orixe glaciar de Francia.

Situado ao norte do departamento de Savoia, este lago forma parte dos lagos postglaciares dos Alpes. Formouse despois da última glaciación (glaciación de Würm), hai ao redor de 19 000 anos, tras a retirada dos grandes glaciares do cuaternario.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Situado a unha altitude de 231,5 msnm, ten unha superficie de 44,5 km². O lago esténdese de norte a sur, e ten 18 km de longo, e unha anchura de entre 1,6 e 3,5 km. A súa profundidade media é de 85 m, e a máxima de 145 m.

O volume de auga deste lago equivale ao consumo anual de auga potábel en Francia.

Lugar de interese natural[editar | editar a fonte]

Dunha gran riqueza natural, e de grande interese ecolóxico, é tamén un destino turístico importante desde o século XIX.

Protección[editar | editar a fonte]

O 2 de febreiro de 2003 foi declarado "sitio Ramsar" (nº ref. 1268), protexendo unha área de 5 500 ha.