La República (1930)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

La República foi un semanario editado en Ourense entre 1930 e 1931.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Órgano de la Federación Republicana de Orense, apareceu o 4 de maio de 1930. Foi unha iniciativa da Federación Republicana para a que funcionou como voceiro. Estaba dirixido por Jacinto Santiago. O director e dous dos redactores foron procesados e encarcerados por artigos publicados nas súas páxinas e en marzo de 1931 fíxose cargo da dirección Roberto Blanco Torres. Os seus colaboradores estaban vinculados ao republicanismo de centro e de esquerda, ao socialismo e ao maxisterio laicista; entre eles destacan Álvaro de las Casas, Florentino López Cuevillas, Ramón Otero Pedrayo, Rafael Dieste. Cesou a súa publicación o 22 de xuño de 1931.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Santos Gayoso, Enrique (1990). Do Castro, ed. Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada. ISBN 84-7492-489-8. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]