A heroína francesa Xoana de Arco é levada ao tribunal. Os xuíces tratan de que diga algo que negue a súa afirmación de ser unha enviada de Deus para loitar contra os ingleses, mais ela mantense firme. Ensínanlles cartas falsas, pero aínda así non o conseguen. Cando xa está na cacharela pide un sacerdote, pero ao final tamén o acaba rexeitando.
O filme foi dirixido por Dreyer tralo éxito en Dinamarca de Du skal ære din hustru. A realización do filme durou un ano e medio, que resultou unha tortura para os participantes, especialmente para a protagonista, Maria Falconetti.
Gran parte do orzamento foi dedicado á recreación dos decorados, a pesar de que a utilización de primeiros planos fai que non se vexan en moitos momentos.
O filme sufriu diversos problemas de montaxe, comezando pola censura obrigada polo arcebispo de París, así como pola perda do negativo orixinal no incendio dos estudios UFA de Berlín.
A principios dos anos oitenta apareceu unha copia nun sanatorio mental de Oslo.[1]