Saltar ao contido

La Noche. Suplemento del sábado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La Noche. Suplemento del sábado
Linguacastelán e galego
LocalidadeSantiago de Compostela
editar datos en Wikidata ]

La Noche. Suplemento del sábado foi un suplemento semanal do xornal compostelán La Noche, editado entre 1949 e 1950. Tiña natureza cultural e estaba centrado en temas e autores galegos:

A partir del próximo sábado, la Noche publicará semanalmente un suplemento de ocho páginas dedicado integramente a la vida económica y cultural de Galicia. La industria y el comercio del país, como su arte y su literatura, han de tener en este Suplemento de La Noche eco fiel y profuso.[1]

Características

[editar | editar a fonte]

A mediados de 1949, o director do periódico, o vasco José Goñi Aizpúrua pediu ós galeguistas, a través de Francisco Fernández del Riego e Xaime Isla Couto, que se responsabilizaran da publicación dun suplemento semanal sobre Galicia. O primeiro encargouse da dirección cultural e o segundo dos aspectos económicos. A lingua utilizada tiña que se-lo castelán pero Aizpurúa non poría inconvenientes a utiliza-lo galego nalgunhas colaboracións:

(...) don Xosé Goñi, de nación vasca, vencellado ao carlismo, de quen eu decía -con respeto, eso sí- que era "católico, feo e tradicional", sin que nunca rifara conmigo, porque as tres cousas eran certas, como tamén era certo o seu interés e comprensión polas cousas galegas.[2]

O suplemento tivo unha vida efémera e só publicou 15 números, desde o 15 de outubro de 1949 ata o 28 de xaneiro de 1950, pero representou unha plataforma para os galeguistas de maior sona nese momento, como Ramón Otero Pedrayo, Florentino López Cuevillas, Vicente Risco, Álvaro Cunqueiro ou Luís Seoane. Neste suplemento apareceu o primeiro artigo publicado por Ramón Piñeiro: "A poesía de Luís Pimentel", o 12 de novembro, asinado baixo o pseudónimo de Luis Veiga do Campo.

Na maioría dos estudos dedicados a este suplemento literario[onde?] sinálase a súa interrupción foi favorecida polo número dedicado á morte de Castelao por non respectar as instrucións relativas co homenaxe dedicado a Castelao na prensa enviadas pola Oficina Xeral de Prensa do goberno franquista aos directores de todos os xornais galegos. De feito, no número 13, correspondente ó 14 de xaneiro de 1950, publicáronse artigos en homenaxe a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, quen morrera unha semana antes. Valentín Paz-Andrade publicou "Castelao. El hombre y el artista" (a catro columnas e en portada); Francisco del Riego, baixo a sinatura "L.", que corresponde ó seu pseudónimo Salvador de Lorenzana, publicou un breve titulado "Morreu o grande artista" na sección "Descubrimentos de Galicia", que completouse cunha "Antoloxía" do humorista e caricaturista. Non obstante, non era só o número dedicado á morte de Castelao que se puxo en dúbida:

El número 13 (14-I-1950) está dedicado, en buena parte, a Castelao, fallecido en Buenos Aires hacía siete días. (...) El suplemento desaparecería dos números después, mas no fue éste el que "aconsejó" la suspensión. Según informes fiables, el número peor recibido por el pensamiento oficial fue el número 9, cuya primera página estampaba, a propósito del arzobispo Quiroga Palacios, este saludo: Benvido, Don Fernando, á sede de Xelmírez e dos Fonseca.[3]

Atribúeselle ó suplemento La Noche se-lo precedente da Editorial Galaxia[Cómpre referencia].

  1. La Noche, "Nuestro Suplemento semanal de los sábados", número 8.856, 12/10/1949
  2. Álvarez Blázquez, p. 90.
  3. Alonso Montero, Xesús (1995). "El talento literario del periodista Borobó". Galicia en Madrid (54): 30. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]