La Manga del Mar Menor
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Rexión de Murcia | |||
Concello | San Javier | |||
Xeografía | ||||
Bañado por | Mar Menor e Mar Mediterráneo | |||
Altitude | 9 m | |||
La Manga del Mar Menor é unha vila e unha lingua de terra (manga, en castelán) de 24 km de longo situada na costa suroeste de España, entre o Mar Menor e o mar Mediterráneo, na Rexión de Murcia.
Localización
[editar | editar a fonte]O núcleo de poboación de la Manga del Mar Menor está dividido entre os concellos de Cartagena e San Javier, na costa murciana. Con todo, as súas autoridades solicitaron a segregación como concello independente. Ao oeste deste longo esteiro sitúase o Mar Menor, un gran lago de auga salgada cunha pequena abertura. Ao leste atópase o mar Mediterráneo. Ambos os mares están comunicados por canles, chamados localmente "golas", polos que discorre a auga. Ao sur do esteiro sitúase Cabo de Palos.
Historia
[editar | editar a fonte]A súa formación debeuse á sedimentación de area que achegaban as correntes dominantes na zona. No século XVI, o que hoxe se coñece como Mar Menor era unha baía aberta, e o esteiro era un ronsel de illas pequenas, moi xuntas unhas das outras. Co tempo a sedimentación foi sendo maior e deu lugar a unha zona de area ininterrompida.
Esta zona de terras de sedimentación estaba formada por dunas e vexetación de matogueiras que chegaron sen ningún cambio ata os anos 60, década en que a paraxe foi descuberta para o turismo e para o sector da construción. Aínda pode contemplarse unha zona cun menor impacto humano na zona norte, ocupada agora por un parque natural denominado Salinas y Arenales de San Pedro del Pinatar.
Economía
[editar | editar a fonte]Hoxe en día a localidade vive basicamente do turismo que nutre as súas praias durante todas as épocas do ano grazas á súa cálida climatoloxía, e forma parte da Estación Náutica Mar Menor. No verán chega a ter máis de 500.000 habitantes, entre turistas estranxeiros e segundas residencias.
Cultura
[editar | editar a fonte]Aquí rodouse a película En un lugar de la Manga que protagonizou Manolo Escobar e Concha Velasco no ano 1970.