Miguel Fernández Lema
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Miguel Fernández Lema | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1872 |
Falecemento | 1947 |
Vigo | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista |
Pai | Miguel Fernández Dios |
Irmáns | Eudoro Fernández Lema |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Miguel Fernández Lema, nado en 1872 e finado en Vigo en 1947, foi un xornalista e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Miguel Fernández Dios e de Felisa de Lema Marina (irmá de Ángel de Lema y Marina fundador do Faro de Vigo). Funcionario de Facenda. Foi director de La Concordia e Noticiero de Vigo. Foi fundador e o primeiro presidente da Asociación da Prensa de Vigo (1909)[1], deputado provincial polo distrito Vigo-Tui (1905) e alcalde de Vigo (1909-1910). En 1923 foi cofundador de El Pueblo Gallego sendo o seu principal accionista. Co peche de La Concordia en 1924 retirouse da vida pública viguesa.
Predecesor: Ricardo Senra Fernández |
![]() Alcalde de Vigo 1909 - 1910 |
Sucesor: Manuel Diego Santos |
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou en Vigo con Josefina Vicetto Fábregas en 1905.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Presidentes de la APV". Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2013. Consultado o 17 de agosto de 2012.