La Candelaria
Coordenadas: 4°35′30″N 74°04′27″O / 4.591722, -74.074130
La Candelaria é a localidade número 17 do Distrito Capital de Bogotá, capital de Colombia. Atópase no centro oriente da cidade de Bogotá. Abrangue o centro histórico de Bogotá. Alí fundouse a cidade o 6 de agosto de 1538 e construíuse a primeira igrexa. Alberga a Praza de Bolívar, que ten no seu costado oriental a Catedral Primada de Colombia. É ademais un importante centro turístico, educativo e comercial.
Historia[editar | editar a fonte]
Teusaquillo (hoxe o Chorro de Quevedo) era un lugar de descanso do gobernante muisca chamado zipa. Crese que neste lugar Gonzalo Jiménez de Quesada fundou, o 6 de agosto de 1538 o que se convertería na Cidade de Bogotá. A localidade, toma o nome da igrexa da Candelaria (do mesmo xeito que o barrio, o cal se empeza a conformar dende 1960).[1]
En abril de 1539 desenvólvese a fundación formal na actual Praza de Bolívar. Alí faise o trazado orixinal da cidade estabelecéndose a Praza Maior e o lugar da igrexa principal, que máis adiante viría sendo a Catedral Primada de Bogotá.
Barrios[editar | editar a fonte]
Os barrios da localidade son La Catedral, La Concordia, Las Aguas, Centro Administrativo, Egipto, Belén e Santa Bárbara.
No interior destes mesmos barrios atópanse dous importantes conxuntos residenciais que albergan un tamaño de poboación equivalente á maior parte dos seus barrios.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "La Candelarien del siglo XX". Fondo de Cultura Económica (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2013. Consultado o 21 de agosto de 2018.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: La Candelaria ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficial (en castelán)