Saltar ao contido

L.A. Confidential (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

L.A. Confidential
Ficha técnica
Título orixinalL.A. Confidential
DirectorCurtis Hanson
ProdutorArnon Milchan
Curtis Hanson
Michael Nathanson
GuiónBrian Helgeland
Curtis Hanson
Baseado enL.A. Confidential de James Ellroy
IntérpretesGuy Pearce
Russell Crowe
Kevin Spacey
James Cromwell
David Strathairn
Kim Basinger
Danny DeVito
MúsicaJerry Goldsmith
FotografíaDante Spinotti
MontaxePeter Honess
EstudioRegency Enterprises
DistribuidoraWarner Bros.
EstreaCannes: 14 de maio de 1997
19 de setembro de 1997
Duración138 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroSuspense
Orzamento$35 000 000[1]
Recadación$126 200 000[2]
Na rede
IMDB: tt0119488 Filmaffinity: 474411 Allocine: 12032 Rottentomatoes: m/la_confidential Mojo: laconfidential Allmovie: vm446381 TCM: 309918 Metacritic: movie/la-confidential TV.com: movies/la-confidential Netlix: 1154856 Editar o valor en Wikidata

L.A. Confidential é un filme estadounidense de suspense dirixido, producido e co-escrito por Curtis Hanson. O guión foi escrito por Hanson e Brian Helgeland e baséase na novela de James Ellroy L.A. Confidential, o terceiro da serie L.A. Quartet. Ó igual que o libro, o filme conta a historia dun grupo de policías en 1953, os asuntos da corrupción e as celebridades de Hollywood.

No tempo da súa estrea, o actor australiano Guy Pearce e o neozelandés Russell Crowe eran relativamente pouco coñecidos en América do Norte, e un dos promotores do filme, Peter Dennett, estaba preocupado pola falta de estrelas coñecidas nos papeis principais. Porén, apoiou as decisións de Hanson de escoller a Kevin Spacey, Kim Basinger e Danny DeVito.

O filme recadou $126 millóns en todo o mundo e foi louvado pola crítica, conseguindo unha puntuación de 99% en Rotten Tomatoes e unha valoración de 90 sobre 100 en Metacritic. Foi nomeado a nove Premios Oscar, gañando dous: Oscar á mellor actriz secundaria para Basinger e Oscar ó mellor guión adaptado para Hanson e Helgeland; perdeu cada unha das outras categorías con Titanic. No 2015, a Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América seleccionou o filme para a súa preservación no National Film Registry, por ser "cultural, histórico ou esteticamente significativo".[3]

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "L.A. Confidential". Box Office Mojo. Consultado o 17 de xaneiro de 2017. 
  2. "L.A. Confidential". Box Office Mojo. Consultado o 12 de agosto de 2016. 
  3. Mike Barnes (16 de decembro de 2015). The Hollywood Reporter, ed. "'Ghostbusters,' 'Top Gun,' 'Shawshank' Enter National Film Registry". Prometheus Global Media. Consultado o 16 de decembro de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]