Lúa de papel
| Lúa de papel | |||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||||||||||
Lúa de papel (en inglés: Paper Moon) é un filme estadounidense 1973 dirixido por Peter Bogdanovich a partir dun guión de Alvin Sargent baseado na novela Addie Pray de Joe David Brown. O filme, rodado en branco e negro, está ambientado en Kansas e Missouri durante a Gran Depresión. Está protagonizado por Ryan e Tatum O'Neal, pai e filla na vida real. Tatum O'Neal recibiu eloxios pola súa interpretación como Addie e gañou o Óscar á mellor actriz secundaria, converténdose na máis nova gañadora dun Óscar en categoría competitiva.
Foi estreado en galego pola Televisión de Galicia o 22 de miao de 1991.[1]
Argumento
[editar | editar a fonte]En Gorham, Kansas, arredor de 1936, o estafador Moses Pray coñece a nena de nove anos Addie Loggins no servizo funerario da súa nai, e os veciños sospeitan que el é o pai de Addie. El négao, mais acepta levar a orfa a casa da súa tía en St. Joseph, Missouri.
Elenco
[editar | editar a fonte]- Ryan O'Neal como Moses "Moze" Pray
- Tatum O'Neal como Addie Loggins
- Madeline Kahn como Trixie Delight
- John Hillerman como Deputy Hardin/Jess Hardin
- Burton Gilliam como Floyd
- P.J. Johnson[2] como Imogene
- James N. Harrell como The Minister
- Noble Willingham como Mr. Robertson
- Randy Quaid como Leroy
- Hugh Gillin como 2nd Deputy
- Rose-Mary Rumbley[3] como Aunt Billie
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Televisión
- ↑ "P.J. Johnson". IMDb. Consultado o 4 de febreiro de 2020.
- ↑ "Rose-Mary Rumbley". IMDb. Consultado o 4 de febreiro de 2020.