Tatum O'Neal
(2010) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (en) Tatum Beatrice O'Neal 5 de novembro de 1963 Os Ánxeles |
| Educación | Hollywood Professional School (en) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Actuación |
| Ocupación | actriz de cinema, actriz, actriz de televisión |
| Período de actividade | 1973 |
| Familia | |
| Cónxuxe | John McEnroe (1986–1994) |
| Fillos | Emily McEnroe, Sean McEnroe, Kevin John McEnroe |
| Pais | Ryan O'Neal |
| Irmáns | Griffin O'Neal Patrick O'Neal |
| Premios | |
| |
Tatum Beatrice O'Neal, nada nos Ánxeles o 5 de novembro de 1963,[1] é unha actriz e escritora estadounidense. É a persoa máis nova que gañou un Oscar nunha categoría competitiva, ao gañar con dez anos o Oscar á mellor actriz secundaria por Lúa de papel, protagonizada polo seu pai, Ryan O'Neal.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O’Neal naceu nos Ánxeles, filla dos actores Ryan O'Neal (1941–) e Joanna Moore (1934–1997), cos que apareceu en varios filmes e programas de televisión. O seu irmán Griffin naceu en 1964 e en 1967 divorciáronse os seus pais. Tatum ten outros dous medio irmáns.
En 1974,[2] aos dez anos, Tatum O’Neal gañou o Oscar á mellor actriz secundaria pola súa interpretación en Lúa de papel, estreada en maio de 1973,[3] e converteuse na persoa máis nova en gañar un Oscar en categoría competitiva.[4] Tamén apareceu despois en filmes coma International Velvet (1978) con Christopher Plummer e Anthony Hopkins ou Nickelodeon (1976) de novo co seu pai.
Entre 1984 e 1999 só apareceu en cinco filmes. A partir dos principios da década do 2000 comezou a actuar de novo, aparecendo en series de televisión como Sex and the City e 8 Simple Rules for Dating My Teenage Daughter. En 2006 participou na segunda temporada do reality show Dancing with the Stars.
Vida privada
[editar | editar a fonte]Un dos primeiros noivos públicos de O’Neal foi Michael Jackson, con quen saíu na década de 1970.
En 1984 comezou unha relación co tenista John McEnroe, co que casou en 1986.[4][5] Separáronse en 1992. Tralo divorcio, en 1994, O’Neal volveu a ter problemas coas drogas e fíxose adicta á heroína. Como resultado, McEnroe logrou a custodia dos tres fillos en 1998.[6]
O 1 de xuño de 2008 foi arrestada por comprar crack preto do seu piso en Manhattan.[7] Cando a policía foi buscala atopou outras dúas bolsas con drogas.[7] Foi acusada dun delito menor e liberada sen fianza.
En 2011 Tatum e o seu pai reiniciaron a súa rota relación pai-filla tras vinte e cinco anos. A reunión e reconciliación foi recollida na serie Ryan and Tatum: The O'Neals.[8]
Filmografía
[editar | editar a fonte]Cinema
[editar | editar a fonte]| Ano | Título | Personaxe | Notas |
|---|---|---|---|
| 1973 | Lúa de papel | Addie Loggins | |
| 1976 | The Bad News Bears | Amanda Whurlitzer | |
| Nickelodeon | Alice Forsyte | ||
| 1978 | International Velvet | Sarah Brown | |
| 1980 | Circle of Two | Sarah Norton | |
| Little Darlings | Ferris Whitney | ||
| 1981 | Prisoners | Christie | Sen estrear |
| 1985 | Certain Fury | Scarlet | |
| 1992 | Little Noises | Stella | |
| 1996 | Basquiat | Cynthia Kruger | |
| 2002 | The Scoundrel's Wife | Camille Picou | Título de vídeo: The Home Front |
| 2003 | The Technical Writer | Slim | |
| 2006 | My Brother | Erica | |
| 2008 | Saving Grace B. Jones | Grace B. Jones | |
| Fab Five: The Texas Cheerleader Scandal | Lorene Tippit | ||
| 2010 | The Runaways | Marie Harmon | |
| Last Will | Hayden Emery | ||
| Sweet Lorraine | Lorraine Bebee | ||
| Mr. Sophistication | Kim Waters | ||
| 2015 | She's Funny That Way |
Televisión
[editar | editar a fonte]| Ano | Título | Personaxe | Notas |
|---|---|---|---|
| 1984 | Faerie Tale Theatre | Goldilocks | "Goldilocks and the Three Bears" |
| 1989 | CBS Schoolbreak Special | Kim | "15 and Getting Straight" |
| 1993 | Woman on the Run: The Lawrencia Bembenek Story | Lawrencia Bembenek | |
| 2003 | Sex and the City | Kyra | "A Woman's Right to Shoes" |
| 2004 | 8 Simple Rules | Ms. McKenna | "Opposites Attract: Part 3: Night of the Locust" |
| Law and Order: Criminal Intent | Kelly Garnett | "Semi-Detached" | |
| 2005 | Ultimate Film Fanatic | Xuíz | |
| 2005–2011 | Rescue Me | Maggie | |
| 2006 | Dancing with the Stars | Ela mesma | 5 episodios |
| Wicked Wicked Games | Blythe Hunter | 51 episodios | |
| 2011 | Ryan and Tatum: The O'Neals | Ela mesma | |
| 2015 | Hell’s Kitchen | Ela mesma | Episodio 13 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Tatum O'Neal Biography (1963-)". FilmReference.com. Consultado o 27 de maio de 2015.
- ↑ "The 46th Academy Awards: 1974". Academy of Motion Picture Arts and Sciences. Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2015. Consultado o 27 de maio de 2015.
- ↑ Scott, Vernon (22 de maio de 1973). "Tatum is a natural star". Montreal Gazette. UPI. p. 24.
- 1 2 "Tatum O'Neal Biography: Actress (1963–)". Biography.com. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2015. Consultado o 27 de maio de 2015.
Tatum O'Neal became the youngest winner of a competitive Academy Award in 1974, at age 10, receiving the best supporting actress honor for her work in 1973's Paper Moon.
- ↑ "John McEnroe discusses Tatum O'Neal in memoir". CNN. 5 de xuño de 2002. Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2011. Consultado o 8 de outubro de 2012.
- ↑ Phillips, Stone (15 de outubro de 2004). "Tatum O'Neal Shares Survival Story: Part 2". Dateline NBC. Arquivado dende o orixinal o 2 de outubro de 2013.
- 1 2 Alison Gendar; Bill Hutchinson (2 de xuño de 2008). "Tatum O'Neal in crack bust". Daily News (Nova York). Arquivado dende o orixinal o 03/08/2009. Consultado o 17 de decembro de 2008.
- ↑ "'Ryan & Tatum' review: Estranged father and daughter actors reconnect on their OWN show". Daily News (Nova York). 18 de xuño de 2011. Consultado o 8 de xaneiro de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Autobiografía de Tatum O'Neal: A Paper Life. ISBN 0-06-054097-4.