Lúa Ribeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLúa Ribeira
Biografía
Nacemento1986 Editar o valor em Wikidata (37/38 anos)
Galicia, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversity of Wales, Newport (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfotógrafa Editar o valor em Wikidata
EmpregadorMagnum Photos
London College of Communication (en) Traducir
Universidade do País de Gales (pt) Traducir
University of the West of England (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Lúa Ribeira, nada en 1986, é unha fotógrafa galega membro da Axencia Magnum.[1] Gañou o premio Jerwood / Photoworks en 2017. A súa serie Noises trata sobre a feminidade e a cultura do dancehall no Reino Unido.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ribeira naceu en Galicia e vive no Reino Unido.[2] En 2011, gradouse en deseño gráfico na academia BAU Centro Universitario de Deseño de Barcelona[3] e en 2016 en fotografía documental na Universidade de Gales, en Newport.[4][5] Viviu en Londres,[6] Birmingham[7] e Bristol.

A serie de fotografías Noises, que trata sobre a feminidade e a cultura xamaicana dancehall no Reino Unido,[4][6][7][8] publicouse en 2017 co título Noises in the Blood, tal e como se coñecía daquela. Expuxo as súas obras en diversas cidades de Europa, como Graz, Berlín, Zagreb ou Bratislava.[3] En 2018, participou na 3ª Bienal Internacional de Fotografía de Beijing.[3]

Algúns dos seus traballos foron publicados nas revistas especializadas British Journal of Photography, Paper Journal, Refinery29, Another, Tate Magazine ou Raw View, e traballou para clientes como a marca Chanel, os bolsos Carla López, Birmingham Botanical Gardens ou Wire Magazine.[3]

Uniuse á Axencia Magnum como nomeada en 2018 e, dous anos despois, converteuse en socia de facto,[9][10] sendo a primeira galega e a terceira fotógrafa española en conseguilo, tras Cristina García Rodero, que se uniu en 2009 e Cristina de Middel, en 2019.[11]

Exerceu como profesora convidada en varias universidades, como a London College of Communication, a University of the West of England e a Universidade de Gales do Sur.[3]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Publicacións propias[editar | editar a fonte]

  • Noises in the Blood. Londres: Fishbar, 2017. Edición de 500 exemplares.

Publicaciones con achegas de Ribeira[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Lúa Ribeira, unha fotógrafa galega na Axencia Magnum". crtvg. 5 de novembro de 2019. Consultado o 18 de xuño de 2021. 
  2. "In Her Work Lua Ribeira Challenges Societal Norms and Her Own Preconceptions • Magnum Photos". Magnum Photos. 3 de setembro de 2018. Consultado o 28 de agosto de 2020. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Lua Ribeira: "Me interesan las monjas, los ladrones y los jardines. El cuerpo podrido, la brujería, las recepciones de los hoteles y las puertas del cielo. Fantasmas, directores de funerarias y gravedad"". FotoGasteiz. 3 de xullo de 2020. Consultado o 25 de maio de 2021. 
  4. 4,0 4,1 "Lua Ribeira, Sam Laughlin, and Alejandra Carles-Tolra show new work in Jerwood/Photoworks Awards". British Journal of Photography. Consultado o 23 de setembro de 2018. 
  5. "Ones to Watch: Lua Ribeira". British Journal of Photography. Consultado o 23 de setembro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 "Show: Noises in the Blood by Lua Ribeira". British Journal of Photography. Consultado o 23 de setembro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 "surprising photos of britain's subversive dancehall parties". I-d. 12 de maio de 2017. Consultado o 23 de setembro de 2018. 
  8. AnOther (26 de maio de 2017). "Photos Capturing the Spirituality and Sexuality of Dancehall". Another Magazine. Consultado o 23 de setembro de 2018. 
  9. "Magnum Photos’ international new wave of Nominees". British Journal of Photography. Consultado o 23 de setembro de 2018. 
  10. "Magnum Photos Names 5 New Nominees". Photo District News. 27 de xuño de 2018. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2018. Consultado o 23 de setembro de 2018. 
  11. Sánchez, Fernando (2 de xullo de 2020). "Lúa Ribeira, la tercera fotógrafa española que entra en la famosa agencia Magnum como asociada". Xataka Foto. Consultado o 26 de maio de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]