Léon Korkoruny

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLéon Korkoruny

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de xuño de 1822 Editar o valor em Wikidata (201 anos)
Piredede (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Bispo diocesano
15 de novembro de 1860 –
Arcebispo católico
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica e Igrexa Católica Armenia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1861–), relixioso Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónGregorio Pedro VIII Ter Astowaçatowrean Editar o valor em Wikidata

Léon Korkoruny,[1] nado en Perkinik o 20 de xuño de 1822 e finado c. 10 de setembro de 1897, foi un eclesiástico católico armenio, arcebispo de Malatya dende 1861 até o seu pasamento, e padre conciliar no Concilio Vaticano Primeiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Perkinik o 20 de xuño de 1822.[2][3] Foi profesor no seminario patriarcal de Bsumar, no Líbano, e alí traduciu ao armenio as obras de santo Afonso María de Ligorio;[4] a intensa actividade deses anos minguou a súa saúde.[4] Co cisma de Kupelian foi envelenado, e cando os cismáticos tomaron o control de Bsumar foi encerrado.[4]

Korkoruny combateu o cisma entre os armenios, mais foi denunciado ante as autoridades como inimigo dos turcos, e logo de refuxiarse nas montañas do Líbano, fuxiu a Roma tomando un barco en Constantinopla.[4] Á súa volta conseguiu unha audiencia ante o sultán, quen anulou as ordes de arresto e lle permitiu exercer o seu ministerio entre os armenios católicos.[4] Por orde patriarcal, trasladouse a Malatya, e comezou unha misión nunha rexión na que restaban na década de 1860 poucos vestixios do catolicismo.[5]

Malia a oposición dos partidarios do cisma, Korkoruny comezou a ter cada vez mais partidarios.[6] Con grandes esforzos, chegou a construíu unha nova igrexa na vila.[4] A ausencia dunha persoa con autoridade ante os representantes civís levou aos fieis a pedir ao patriarca que fixera de Malatya sé episcopal.[7]

Elixido polo pobo como bispo, Korkoruni tentou evitar o cargo. Porén, finalmente o patriarca Gregorio Pedro VIII aceptou a petición popular, e nomeou a Korkoruni arcebispo de Malatya.[4][8] Korkoruni finalmente aceptou, e o 27 de febreiro comezou a súa viaxe á sé patriarcal no Monte Líbano,[8] onde recibiu a consagración episcopal o 7 de abril de 1861[2][3] de mans do patriarca Gregorio Pedro VIII,[8] tendo como co consagrantes ao arcebispo de Cesarea de Capadocia Giovanni Hagian[9] e ao arcebispo de Xerusalén Michel Alexandrian.[8][10]

O 17 de xuño de 1867 foi nomeado prelado asistente ao trono pontificio.[2] Foi padre conciliar no Concilio Vaticano Primeiro.[11] Finou no cargo c. 10 de setembro de 1897.[12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tamén Korkoruni, Korckoruni , Ghevont Horhorouni, Léonce Horhorouni.
  2. 2,0 2,1 2,2 Les Pères du concile du Vatican: biographie illustrée complète de tous les pères du concile. Administration du Concile Illustré. 1870. p. 153. Mgr. Léon KORKORUNY, archevèque de Mélitène, rite arménien. Né à Perkinik, en 1822, il fut consacré le 7 avril 1861 et fut nommé assistant au trône pontifical le 17 juin 1867. 
  3. 3,0 3,1 La gerarchia cattolica e la corte pontificia per l'anno 1886. p. 190. Melitene o Malatia, r. Armeno. Melitenen. Armenorum, - Armenia Minore, Tur. A. + Leone Korkoruni, n. in Perkinik (Armenia min.) 20 giu. 1822, Arciv. Vesc. cons. 7 ap. 1861. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 "Correspondance Asie Mineure - Letre du R. P. Brunel, de la Compagnie de Jésus, missionaire a Amasia, au R. P. Mazoyer, procureur des missions des RR. PP. Jésuites en Syrie, en Arménie, et en Egypte". Les Missions catholiques (en francés) (Lión) 14: 219–220. 1882. 
  5. Notice sur la mission arménienne catholique de Méliténe. 1870. p. 7. [...] les prêtres catholiques du patriarcat de Cilicie n'en retrouvèrent plus que de rares vestiges, quand ils vinrent y prêcher la foi en 1860. 
  6. Notice sur la mission arménienne catholique de Méliténe. 1870. pp. 11–12. 
  7. Notice sur la mission arménienne catholique de Méliténe. 1870. p. 14. [...] ils ont penssé à demander un Evêque, résidant dans leur ville et qui fût chargé de les défendre contre leus adversaires. Ils signèrent donc tous une supplique au Patriarche, demandant instamment l'érection de leur ville en Siége épiscopal; et priant qu'on leur donnât pour pasteur leur bien aimé missionaire [Korkoruni]. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 Notice sur la mission arménienne catholique de Méliténe. 1870. p. 14. Pierre VIII [...] agré a le choix fait par le peuple, el l'abbé Korkoruni fut designé pour cette haute dignité. Grégoire Pierre VIII. s'empressa de donner avis au nouvel élu; en même temps il le pressait de venir se faire consacrer [...] Il partit le 27 Février 1861 [...] Le 7 avril il reçut la consécration des mains de Grégoire Pierre VIII, qu'assistaient les Archevêques de Césarée et de Jérusalem, du rit Arménien. 
  9. Annuario pontificio per l'anno 1862. p. 127. Cesarea, r. Armeno, Caesaren. Armenorum. - Cappadocia. - Giovanni Hagian, n. in Prkenik, p. nel 1860. 
  10. Annuario pontificio per l'anno 1862. p. 141. Gerusalemme. Hyerosolimitan. - Palestina. - r. Armeno, Hyersolimitan. Armenorum. Michele Alexandrian, n. in Ghiuriun nel 1813, p. nel 1854. 
  11. Catalogo alfabetico di tutti i padri del Concilio Io Ecumenico Vaticano. Osservatore Romano. 1870. p. 26. Korkoruni Leone, Arcivescovo di Melitene (Rito Armeno). 
  12. "Notizie". Le missioni cattoliche (37): 437. 10 de setembro de 1897. Ci giunge notizia della morte dell'arcivescovo armeno cattolico di Malatia, Mons. Leone Korkoruni. L'insigne prelato nacque nell 1822; governava la diocesi di Malatia dall'aprile del 1861.  "Versión dixitalizada". Biblioteca Nazionale Centrale di Roma. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Notice sur la mission arménienne catholique de Méliténe. 1870.