Giovanni Hagian

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGiovanni Hagian
Biografía
Nacemento1 de xuño de 1803 Editar o valor em Wikidata
Imperio Otomán Editar o valor em Wikidata
Morte8 de maio de 1880 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Bispo diocesano
1850 –
Diocese: Q1025440 Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Otomán Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa Católica Armenia e Igrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1850–), sacerdote católico Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónGregorio Pedro VIII Ter Astowaçatowrean Editar o valor em Wikidata

Giovanni Hagian,[1] nado o 1 de xuño de 1803 en Perkinik e finado o 8 de maio de 1880, foi un eclesiástico católico armenio, arcebispo de Cesarea de Capadocia e padre conciliar no Concilio Vaticano Primeiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Perkinik o 1 de xuño de 1803, fillo de Paul Hagian e de Cécile Ciaparian.[2][3] Estudou no seminario de Bsumar e foi ordenado sacerdote en 1827, entrando no Instituto do Clero Patriarcal de Bsumar, e posteriormente foi profesor no seminario durante tres anos.[2][3] Posteriormente foi párroco en Perkinik durante oito anos, e logo en Constantinopla por tres anos máis.[2] Á súa volta, recibiu do patriarca o encargo de atender aos refuxiados armenios que fuxiran da persecución en varias provincias.[2] Foi nomeado vigairo patriarcal extraordinario para o restabelecemento da paz entre os fieis e o patriarca na comunidade armenia de Diyarbakır (Amida).[3]

O 2 de xuño de 1850 foi consagrado arcebispo titular de Cesarea de Capadocia polo patriarca Gregorio Pedro VIII, e nomeado vigairo xeral do patriarcado e confesor do seminario.[3] O 7 de abril de 1861 foi co-consagrante do bispo Léon Korkoruny.[4]

Co aumento de fieis católicos armenios en Cesarea de Capadocia, en 1864 tomou posesión da súa sé, e con axuda da Congregación para a Propagación da Fe construíu varias igrexas.[3] Co traballo realizado no seu pontificado conseguiu evitar a propagación do protestantismo entre os armenios,[3] e en numerosas ocasións tivo dificultades cos dirixentes turcos.[3]

En 1867 foi nomeado asistente ao trono pontificio,[3] e foi padre conciliar no Concilio Vaticano Primeiro.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tamén Jean Hadjian, Jean Hagian.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Aubert, R. (1990). Dictionnaire d'histoire et de géographie ecclésiastiques 23. pp. 38–39. HAGIAN ou HADJIAN (Jean), archevêque arménien uni de Césarée (1803-80)... 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 Patelos, Constantin G. (1981). Vatican I et les évêques uniates: une étape éclairante de la politique romaine à l'égard des orientaux, 1867-1870. Collège Erasme. pp. 249–250. Mgr Jean Hadjian (63)... 
  4. Notice sur la mission arménienne catholique de Méliténe. 1870. p. 14. Pierre VIII [...] agré a le choix fait par le peuple, el l'abbé Korkoruni fut designé pour cette haute dignité. Grégoire Pierre VIII. s'empressa de donner avis au nouvel élu; en même temps il le pressait de venir se faire consacrer [...] Il partit le 27 Février 1861 [...] Le 7 avril il reçut la consécration des mains de Grégoire Pierre VIII, qu'assistaient les Archevêques de Césarée et de Jérusalem, du rit Arménien. 
  5. Catalogo alfabetico di tutti i padri del Concilio Io Ecumenico Vaticano. Osservatore Romano. 1870. p. 23. Hagian Giovanni, Arcivescovo di Cesarea (Rito Armeno).