L'uomo meccanico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Arquivo de vídeo co filme O Homem Mecânico. Dominio público.

L'uomo meccanico (O Home Mecánico en galego) é unha película italiana de ciencia ficción de 1921 dirixida por André Deed[1][2][3] (que tamén a protagonizou como o personaxe cómico Saltarello). Dado que se perdeu Il mostro di Frankenstein de 1920, L'uomo meccanico, é a primeira película de ciencia ficción producida en Italia[3] e, tamén, a primeira que mostra unha batalla entre dous robots, un bo e outro malo.[2][3] O director de fotografía foi Alberto Chentrens.[4] O director Deed comezou a súa carreira como actor en Francia e despois trasladouse a Italia. Após rematar L'uomo meccanico, volveu a Francia. Dirixiu cerca de 40 películas e actuou en máis de 200, antes de morrer en 1940.[5]

Historia[editar | editar a fonte]

Durante moitos anos, o filme, duns 80 minutos de duración,[5] foi considerado perdido até que varias bobinas da versión portuguesa foron descubertas na Cinemateca Brasileira, en Sao Paulo e foi restaurada posteriormente, en 1992, grazas á intervención da Cineteca di Bologna.[3][6] Do orixinal da película, que duraba unha hora, aproximadamente, e contaba con 1.821 metros, só se recuperaron 740 metros que son uns 26 minutos.[6] e o que se perdeu correspóndese coas escenas do principio onde aparece o científico. A maioría das imaxes perdidas consisten no terzo inicial da película, onde aparece o científico; igualmente, se perderon os créditos do elenco polo que algúns personaxes non se poden identificar.

A partir dun borrador inicial do guión, a trama da película foi reconstruída con elementos tipicamente de ciencia ficción para a época como a presenza dunha pantalla que anuncia a televisión, naquel momento aínda en fase experimental, e un robot teledirixido mediante unha pantalla. A caracterización do robot foi orixinal e converterase na inspiración de obras posteriores do cine de ciencia ficción estadounidense dos anos cincuenta.[2] Mesmo, o crítico de cine Christopher Workman teorizou que a película influíu en Metropolis (1927) de Fritz Lang.[5]

Sinopse[editar | editar a fonte]

Un científico crea un dispositivo con forma de home que pode ser controlado a distancia por unha máquina. O home mecánico posúe velocidade e forza sobrehumanas. Porén, o científico é asasinado por unha banda de criminais dirixida por unha muller chamada Mado, que desexa obter o seu segredo para construír o home mecánico. Os criminais son capturados antes de seren capaces de conseguilo, e son levados a xuízo e condenados. Mado consegue escapar e secuestra á sobriña do científico, o que lle obriga a darlle os planos e constrúe outro robot, e controlado por ela comete varios crimes.

O irmán do científico (Gabriel Moreau), con todo, ten éxito na creación doutro home mecánico que usa para combater o orixinal. Os dous robots pelexan entre si nun teatro da ópera e acaban destruíndose a si mesmos e ao teatro. Durante a batalla final, Mado tenta freneticamente controlar o robot e é electrocutada no panel de control por un curtocircuíto.

Elenco[editar | editar a fonte]

  • André Deed: Modestino D'Ara, Saltarello
  • Valentina Frascaroli: Margherita Donadieff, Mado
  • Mathilde Lambert: Elena D'Ara
  • Gabriel Moreau: Profesor D'Ara
  • Ferdinando Vivas-May
  • Giulia Costa

Produción[editar | editar a fonte]

A película foi producida en Italia, pola sociedade anónima Milano Films[7] e inicialmente titulouse "L’uomo artificiale", para quedar co título definitivo de L’uomo meccanico. É a segunda parte dunha triloxía ou serial cinematográfico en tres capítulos, do que tamén está perdido o primeiro episodio, Il documento umano, e mailo terceiro, Gli strani amori di Mado, do que non hai información certa,[2] sendo probable que quedase sen rematar por mor da quebra da produtora.[3][6]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bertetti, Paolo (inverno 2013-2014). "Uomini meccanici e matrimoni interplanetari". fantascienza.com (en italiano). (Anarres.Rivista di studi sulla science fiction). Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2021. Consultado o 8 de xaneiro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Canosa, Michele. "L’UOMO MECCANICO". festival.ilcinemaritrovato.it (en italiano). Consultado o 8 de xaneiro de 2022. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "L’uomo meccanico". movieconnection.it (en italiano). Consultado o 8 de xaneiro de 2022. 
  4. Workman & Christopher (2016), p. 240
  5. 5,0 5,1 5,2 Workman & Howarth (2016).
  6. 6,0 6,1 6,2 Lucchi, Nicola. "L’uomo meccanico. Torna la fantascienza futurista degli anni Venti". liminarivista.it (en italiano). Consultado o 8 de xaneiro de 2022. 
  7. "L'UOMO MECCANICO". fantafilm.net (en italiano). Consultado o 8 de xaneiro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Baker, Kage (2012). Ancient Rockets Treasures and Train Wrecks of the Silent Screen (1st ed.)
  • Sterling, Bruce (21 May 2012). "Showtime: L'Uomo Meccanico, 1921".Chicago: Tachyon Publications. pp. 35–37. ISBN 9781616961121.
  • Workman; Troy, Christopher; Howarth (2016). "Tome of Terror: Horror Films of the Silent Era". Midnight Marquee Press. ISBN 978-1936168-68-2.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]