Kurayoshi (倉吉市, くらよしし, Kurayoshi-shi) é un concello da prefectura de Tottori no Xapón. Está situado no centro da prefectura, ao leste da área da provincia histórica de Hōki, na parte noroeste da rexión de Chugoku, na illa de Honshu. Ten 272,15km² de superficie, unha poboación de 51.021 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 187 hab./km².
A cidade de Kurayoshi foi fundada pola fusión de 2 concellos de vilas e 7 concellos de aldeas do distrito de Tōhaku no ano 1953.