Krzysztof Piątek

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Krzysztof Piątek
Información persoal
Nacemento 1 de xullo de 1995
Lugar de nacemento Dzierżoniów
Altura 183 centímetros
Posición dianteiro
Na rede
Instagram: pjona_9 FIFA: 201266972 UEFA: 250098778 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Krzysztof Piątek (pronuncia en polaco: [ˈkʂɨʂtɔf ˈpjɔntɛk]), coñecido habitualmente como Piątek, nado en Dzierżoniów, en Polonia, o 1 de xullo de 1995, é un futbolista polaco que desempeña o seu xogo na posición de dianteiro centro. Actualmente xoga na AC Milan da Serie A de Italia e para a Selección de fútbol de Polonia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse na canteira do Dziewiątka Dzierżoniów e do Lechia Dzierżoniów, e debutou neste último en 2012. En 2013 fichou polo Zagłębie Lubin da Ekstraklasa. Tras disputar 85 partidos ao longo de tres tempadas, nos que marcou 18 tantos, fichou polo KS Cracovia en 2016. Na tempada 2017-18 anotou 21 goles, e foi o terceiro máximo goleador da competición tras os españois Carlitos e Igor Angulo.[1][2]

En xuño de 2018 asinou polo Genoa FC da Serie A italiana, que pagou 4'5 millóns de euros polo dianteiro polaco.[3] O 11 de agosto, no seu debut, marcou catro goles na vitoria por 4 a 0 ante o Lecce en Coppa Italia.[4] En Serie A arrincou cunha serie goleadora de nove tantos en sete encontros, dos que destacaron as dobradas que lles fixo a Sassuolo e Frosinone. Naquela altura díxose que o seu inicio goleador fora o mellor realizado por un debutante desde Karl Aage Hansen en 1949.[4][5][6]

Tras uns dias de frecuentes ruxerruxes, o 23 de xaneiro de 2019, Piątek foi contratado pola AC Milan por 35 millóns de euros.[7] O 26 de xaneiro fixo o seu debut co club rossonero nun encontro ante o SSC Napoli.[8] Tres días máis tarde, ante o mesmo rival, logrou dous tantos nos cuartos de final da Coppa Italia en San Siro.[9] O 3 de febreiro marcou o seu primeiro tanto co club en Serie A nun empate ante o AS Roma no Olimpico de Roma, estadio onde xa marcara co Genoa.[10] O 16 de febreiro logrou un dobrete no triunfo por 1 a 3 ante o Atalanta.[11]

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Foi internacional en categoría sub-20 e sub-21 con Polonia. Debutou coa selección absoluta de Polonia, o 11 de setembro de 2018, nun amigable ante Irlanda que terminou con empate a 1.[12] Un mes despois, no seu segundo encontro, anotou o seu primeiro tanto oficial coa selección nunha derrota por 2 a 3 ante Portugal.[13]

Estatísticas[editar | editar a fonte]

Actualizado ao último partido xogado o 10 de marzo de 2019.

Clubs[editar | editar a fonte]

Club Div. Tempada Liga Copasnacionales(1)
Torneosinternacionales(2)
Total(3) Mediagoleadora
Part. Goles Asist. Part. Goles Asist. Part. Goles Asist. Part. Goles Asist.
Zagłębie Lubin
Polonia Polonia
1.ª 2013-14 4 - - - - - - - - 4 - - 0,00
2.ª 2014-15 31 8 4 3 1 - - - - 34 9 4 0,26
1.ª 2015-16 33 6 4 3 2 - - - - 36 8 4 0,22
2016-17 5 1 1 1 - - 6 - - 12 1 1 0,08
Total club 73 15 9 7 3 - 6 - - 85 18 9 0,21
KS Cracovia
Polonia Polonia
1.ª 2016-17 27 11 3 - - - - - - 27 11 3 0,41
2017-18 36 21 4 2 - - - - - 38 21 4 0,55
Total club 63 32 6 2 0 0 0 0 0 65 32 6 0,49
Genoa Cricket & Football ClubItalia Italia
1.ª 2018 19 13 1 2 6 - - - - 21 19 1 0,66
Total club 19 13 1 2 6 0 0 0 0 21 19 1 0,90
A.C. Milan
Italia Italia
1.ª 2019 7 6 - 2 2 - - - - 9 8 - 0,89
Total club 7 6 0 2 2 0 0 0 0 9 8 0 0,89
Total carreira 162 66 16 13 11 0 6 0 0 181 77 16 0,43
(1) Inclúe datos de Copa de Polonia (2013-18) / Coppa Italia.
(2) Inclúe datos de Clasificación para a UEFA Europa League (2016-17).
(3) Non inclúe datos de partidos amigables.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Campionatos nacionais
Título Club País Ano
I Liga Zagłębie Lubin Polonia Polonia 2015

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]