Krzysztof Piątek
![]() | Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Krzysztof Piątek | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nacemento | 1 de xullo de 1995 | ||
Lugar de nacemento | Dzierżoniów | ||
Altura | 183 centímetros | ||
Posición | dianteiro, dianteira | ||
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() ![]() | |||
[ editar datos en Wikidata ] | |||
Krzysztof Piątek (pronuncia en polaco: [ˈkʂɨʂtɔf ˈpjɔntɛk]), coñecido habitualmente como Piątek, nado en Dzierżoniów, en Polonia, o 1 de xullo de 1995, é un futbolista polaco que desempeña o seu xogo na posición de dianteiro centro. Actualmente xoga na AC Milan da Serie A de Italia e para a Selección de fútbol de Polonia.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Formouse na canteira do Dziewiątka Dzierżoniów e do Lechia Dzierżoniów, e debutou neste último en 2012. En 2013 fichou polo Zagłębie Lubin da Ekstraklasa. Tras disputar 85 partidos ao longo de tres tempadas, nos que marcou 18 tantos, fichou polo KS Cracovia en 2016. Na tempada 2017-18 anotou 21 goles, e foi o terceiro máximo goleador da competición tras os españois Carlitos e Igor Angulo.[1][2]
En xuño de 2018 asinou polo Genoa FC da Serie A italiana, que pagou 4'5 millóns de euros polo dianteiro polaco.[3] O 11 de agosto, no seu debut, marcou catro goles na vitoria por 4 a 0 ante o Lecce en Coppa Italia.[4] En Serie A arrincou cunha serie goleadora de nove tantos en sete encontros, dos que destacaron as dobradas que lles fixo a Sassuolo e Frosinone. Naquela altura díxose que o seu inicio goleador fora o mellor realizado por un debutante desde Karl Aage Hansen en 1949.[4][5][6]
Tras uns dias de frecuentes ruxerruxes, o 23 de xaneiro de 2019, Piątek foi contratado pola AC Milan por 35 millóns de euros.[7] O 26 de xaneiro fixo o seu debut co club rossonero nun encontro ante o SSC Napoli.[8] Tres días máis tarde, ante o mesmo rival, logrou dous tantos nos cuartos de final da Coppa Italia en San Siro.[9] O 3 de febreiro marcou o seu primeiro tanto co club en Serie A nun empate ante o AS Roma no Olimpico de Roma, estadio onde xa marcara co Genoa.[10] O 16 de febreiro logrou un dobrete no triunfo por 1 a 3 ante o Atalanta.[11]
Selección nacional[editar | editar a fonte]
Foi internacional en categoría sub-20 e sub-21 con Polonia. Debutou coa selección absoluta de Polonia, o 11 de setembro de 2018, nun amigable ante Irlanda que terminou con empate a 1.[12] Un mes despois, no seu segundo encontro, anotou o seu primeiro tanto oficial coa selección nunha derrota por 2 a 3 ante Portugal.[13]
Estatísticas[editar | editar a fonte]
Actualizado ao último partido xogado o 10 de marzo de 2019.
Clubs[editar | editar a fonte]
Club | Div. | Tempada | Liga | Copasnacionales(1) |
Torneosinternacionales(2) |
Total(3) | Mediagoleadora | ||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Part. | Goles | Asist. | Part. | Goles | Asist. | Part. | Goles | Asist. | Part. | Goles | Asist. | ||||
Zagłębie Lubin![]() | |||||||||||||||
1.ª | 2013-14 | 4 | - | - | - | - | - | - | - | - | 4 | - | - | 0,00 | |
2.ª | 2014-15 | 31 | 8 | 4 | 3 | 1 | - | - | - | - | 34 | 9 | 4 | 0,26 | |
1.ª | 2015-16 | 33 | 6 | 4 | 3 | 2 | - | - | - | - | 36 | 8 | 4 | 0,22 | |
2016-17 | 5 | 1 | 1 | 1 | - | - | 6 | - | - | 12 | 1 | 1 | 0,08 | ||
Total club | 73 | 15 | 9 | 7 | 3 | - | 6 | - | - | 85 | 18 | 9 | 0,21 | ||
KS Cracovia![]() | |||||||||||||||
1.ª | 2016-17 | 27 | 11 | 3 | - | - | - | - | - | - | 27 | 11 | 3 | 0,41 | |
2017-18 | 36 | 21 | 4 | 2 | - | - | - | - | - | 38 | 21 | 4 | 0,55 | ||
Total club | 63 | 32 | 6 | 2 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 65 | 32 | 6 | 0,49 | ||
Genoa Cricket & Football Club![]() | |||||||||||||||
1.ª | 2018 | 19 | 13 | 1 | 2 | 6 | - | - | - | - | 21 | 19 | 1 | 0,66 | |
Total club | 19 | 13 | 1 | 2 | 6 | 0 | 0 | 0 | 0 | 21 | 19 | 1 | 0,90 | ||
A.C. Milan![]() | |||||||||||||||
1.ª | 2019 | 7 | 6 | - | 2 | 2 | - | - | - | - | 9 | 8 | - | 0,89 | |
Total club | 7 | 6 | 0 | 2 | 2 | 0 | 0 | 0 | 0 | 9 | 8 | 0 | 0,89 | ||
Total carreira | 162 | 66 | 16 | 13 | 11 | 0 | 6 | 0 | 0 | 181 | 77 | 16 | 0,43 | ||
(1) Inclúe datos de Copa de Polonia (2013-18) / Coppa Italia.
(2) Inclúe datos de Clasificación para a UEFA Europa League (2016-17).
(3) Non inclúe datos de partidos amigables. |
Palmarés[editar | editar a fonte]
- Campionatos nacionais
Título | Club | País | Ano |
---|---|---|---|
I Liga | Zagłębie Lubin | ![]() |
2015 |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "'Carlitos', el 'killer' español que arrebató a Piatek el Pichichi en Polonia".
- ↑ "Piatek de buen gusto".
- ↑ "Oficjalnie: Krzysztof Piątek piłkarzem Genoi". sportowefakty.wp.pl.
- ↑ 4,0 4,1 "Krzysztof Piatek: El pistolero polaco".
- ↑ "Piatek le roba el sitio a CR7: ¡8 goles en 6 partidos!".
- ↑ "Serie A: Piatek, el 'capo' de Europa".
- ↑ "Oficial: El Milan ficha a Piatek después de la marcha de Higuaín al Chelsea".
- ↑ "Milan y Nápoles se anulan en el debut de Piatek (0-0)".
- ↑ "Krzysztof Piatek sepulta al Napoli en la Coppa Italia".
- ↑ "Piatek marca y el Milan aguanta su plaza Champions en Roma".
- ↑ "Piatek, con otro doblete, decidido a devolver al Milan a la Champions".
- ↑ "Poland 1-1 Rep. of Ireland".
- ↑ "Portugal abre brecha en su grupo tras derrotar por 2-3 a Polonia".