A Rioxa Arabesa, ou Cuadrilla de Laguardia-Rioja Alavesa (en éuscaro: Guardia-Arabako Errioxako Eskualdea), é unha das sete comarcas ou cuadrillas do territorio histórico de Áraba, no País Vasco.
Dous claros accidentes xeográficos marcan os seus límites norte e sur. Está delimitada ao norte pola muralla da Serra de Cantabria e a Serra de Toloño, que a separan do resto de Áraba e ao sur polo río Ebro, que a separa da veciña comunidade autónoma da Rioxa. La Sonsierra rioxana, formada polos municipios de Ábalos e San Vicente de la Sonsierra, situados ao norte do río Ebro, pertencen á comunidade autónoma da Rioxa, aínda que xeograficamente pertenza á ribeira esquerda. La Sonsierra divide á Rioxa Arabesa en dúas partes separadas: Labastida, situada ao oeste, e o resto de municipios rioxano-arabeses ao leste. Os límites con Navarra cara ao leste non están baseados en claros accidentes xeográficos.