Koleka Putuma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaKoleka Putuma

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de marzo de 1993 Editar o valor em Wikidata (31 anos)
Porto Elizabeth, Suráfrica Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSuráfrica Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Cidade do Cabo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , dramaturgo , feminista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Koleka Putuma, nada en Gqeberha o 22 de marzo de 1993, é unha poeta e dramaturga queer surafricana.[1] Foi nomeada en 2019 por Okay Africa como unha das mulleres máis influentes de dito continente.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Putuma naceu en Gqeberha (Cabo Oriental, Suráfrica) en 1993.[3] Cursou estudos de teatro na Universidade de Cidade do Cabo.[4] En 2016 recibiu o premio literario PEN na categoría de estudante polo poema 'Water' (Auga).[5] Este poema utilízase acotío nas escolas, pois reflicte que o acceso á auga ten connotacións políticas, históricas e raciais.[6]

Os temas máis habituais na obra de Putuma son o amor, o feito queer, a loita decolonial e o legado do apartheid, así como a influencia do patriarcado sobre estas ideas e identidades.[7][8] Traballa como produtora de teatro para Design Indaba[9] e actualmente reside en Cidade do Cabo.[10]

Collective Amnesia[editar | editar a fonte]

Putuma deuse a coñecer a nivel global coa súa obra poética Collective Amnesia (en galego, Amnesia Colectiva), publicada polo selo poético surafricano uHlanga en 2017.[11] Foi complementada con fotografías de Andy Mkosi, fotógrafo tamén afincado en Cidade do Cabo.[12] Nos tres primeiros meses da súa publicación vendéronse 2000 exemplares, foi presentado en 17 cidades do país e formou parte do plan de estudos de dúas universidades.[13] Oito meses despois xa vendera máis de 5000 exemplares e Putuma fixera actuacións relacionadas en tres continentes.[14]

Collective Amnesia caracterízase polo uso repetido e á mantenta da palabra womxn para incluír mulleres racializadas e trans.[15]

Acollida[editar | editar a fonte]

Bongani Madondo, da Johannesburg Review of Books, cualificou a Putuma como "xenia" na súa recensión de Collective Amnesia.[16] Collective Amnesia converteuse rapidamente nun texto fundamental para entender a Suráfrica poscolonial, particularmente por centrarse nos corpos das mulleres negras e nas identidades queer. Haith afirma que se trata tanto dunha obra literaria coma dun 'obxecto cultural' da Suráfrica contemporánea.[17] Burger, na súa crítica, califica o uso da auga que fai Putuma como un recurso literario, dentro do contexto doutras voces líricas surafricanas, como Ronelda S Kamfer.[18] O poema 'Water' constituíuse nun texto esencial nas análises literarias sobre o chamado hidrocolonialismo.[19] Pieterse salienta o tratamento literario de Putuma do colectivo das mulleres de raza negra, xunto co poeta Sindiswa Busuku-Mathese.[20]

Malia ser a poesía o xénero que deu a coñecer a Putuma, o seu traballo como dramaturga sobre aspectos da política actual tamén tivo boa acollida pola crítica. A obra No Easter Sunday for Queers deu a coñecer a brutal discriminación ás mulleres lesbianas en Suráfrica.[21] Mbuzeni, sobre a crise orfa, é narrada por cinco mulleres novas, quen ao mesmo tempo bromean sobre a morte.[22] Boehmer inclúe a Putuma dentro dun canon máis amplo de poesía postcolonial e escritura de relatos curtos, os cales poden provocar ao lelos unha "chamada á acción".[23]

Obras[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

  • SCOOP: kitchen play for carers and babes (2013) [24]
  • Ekhaya [24]
  • UHM (2014)
  • Woza Sarafina (2016)
  • Mbuzeni’ (2018)
  • No Easter Sunday for Queers (2019) baseada nun poema seu.[25]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Imbebwu Yesini (2016, editor)[26]
  • Collective Amnesia (2017)[27]

Premios[editar | editar a fonte]

  • National Poetry Slam Championship (2014)[28]
  • PEN South Africa Student Writing Prize (2016)[29]
  • Mbokodo Rising Light Award (2017)[30]
  • SCrIBE Scriptwriting Competition (2018)[31]
  • Forbes Africa 30 under 30 Honouree(2018)[32]
  • Glenna Luschei Prize for African Poetry (2018)[33]
  • Distell National Playwright Competition (2019)[34]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Munro, Brenna (2018). "Pleasure in Queer African Studies: Screenshots of the Present". College Literature (en inglés) 45 (4): 659–666. ISSN 1542-4286. doi:10.1353/lit.2018.0040. 
  2. "OKAYAFRICA - 100 WOMEN". OKAYAFRICA's 100 WOMEN (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2020. Consultado o 11 de xaneiro de 2020. 
  3. Putuma, Koleka (13 de abril de 2017). Collective amnesia (First ed.). Cape Town, Suráfrica. ISBN 978-0-620-73508-7. OCLC 986218819. 
  4. "Koleka Putuma | Badilisha Poetry – Pan-African Poets". badilishapoetry.com. Consultado o 11 de xaneiro de 2020. 
  5. Mulgrew, Nick. "Water by Koleka Putuma | PEN South Africa" (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2020. 
  6. "Koleka Putuma: Water - Classroom - Art & Education". www.artandeducation.net (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2020. 
  7. "PARSE". parsejournal.com (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2020. 
  8. "Koleka Putuma Talks Poetry Post-Patriarchy and Black Joy". consent.yahoo.com. Consultado o 11 de xaneiro de 2020. 
  9. "Design Indaba appoints Koleka Putuma as theatre producer". www.bizcommunity.com (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2020. 
  10. "Poetry On The Road | May 22 – 27 2019 Koleka Putuma". www.poetry-on-the-road.com. Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2021. Consultado o 11 de xaneiro de 2020. 
  11. "Portrait of the poet as a young genius: Bongani Madondo reviews Koleka Putuma's Collective Amnesia". The Johannesburg Review of Books (en inglés). 1 de maio de 2017. Consultado o 11 de xaneiro de 2020. 
  12. "Koleka Putuma's poems of celebration, grief and rage". The Mail & Guardian (en inglés). 2017-04-04. Consultado o 2022-02-14. 
  13. Mkhabela, Sabelo (22 de xullo de 2017). "Koleka Putuma Is the Groundbreaking New Voice of South African Poetry". Medium (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2020. 
  14. Gantsho, Vangile (1 de decembro de 2017). "Collective Amnesia, Koleka Putuma: reviews". New Coin Poetry (en inglés) 53 (2): 77–80. ISSN 0028-4459. 
  15. Mathunjwa, Zimkhitha. "Koleka Putuma's Collective Amnesia Insists On Visibility And Healing". consent.yahoo.com. Consultado o 11 de xaneiro de 2020. 
  16. "Portrait of the poet as a young genius: Bongani Madondo reviews Koleka Putuma’s Collective Amnesia". 2017-05-01. Consultado o 23 de setembro de 2021. 
  17. Haith, Chelsea (2 de agosto de 2018). ""I question why I understand what she has said" – Language and decolonial justice in Koleka Putuma's debut poetry collection 'Collective Amnesia'". A Moveable Type: 45. doi:10.14324/111.1755-4527.081. 
  18. Burger, Bibi (18 de decembro de 2019). "'Our respect for water is what you have termed fear': The Ocean in the Poetry of Ronelda S. Kamfer and Koleka Putuma". Journal of Southern African Studies 0: 1–16. ISSN 0305-7070. doi:10.1080/03057070.2020.1697552. 
  19. Hofmeyr, Isabel (1 de abril de 2019). "Provisional Notes on Hydrocolonialism". English Language Notes (en inglés) 57 (1): 11–20. ISSN 0013-8282. doi:10.1215/00138282-7309644. 
  20. Pieterse, Annel (2 de xaneiro de 2018). "Knowledge and Unlearning in the Poetry of Koleka Putuma and Sindiswa Busuku-Mathese". Scrutiny2 23 (1): 35–46. ISSN 1812-5441. doi:10.1080/18125441.2018.1505937. 
  21. "Koleka Putuma's "No Easter Sunday for Queers"". The Theatre Times (en inglés). 6 de outubro de 2019. Consultado o 11 de xaneiro de 2020. 
  22. Hofer, Alison (20 de novembro de 2019). "Contemporary plays by African women". South African Theatre Journal 0: 1–5. ISSN 1013-7548. doi:10.1080/10137548.2019.1676571. 
  23. Boehmer, Elleke (2018). "The Transformative Force of the Postcolonial Line: Protest Poetry and the Global Short Story". En Boehmer, Elleke. Postcolonial Poetics (en inglés). Springer International Publishing. pp. 173–192. ISBN 978-3-319-90341-5. doi:10.1007/978-3-319-90341-5_8. 
  24. 24,0 24,1 "ABOUT". Koleka Putuma (en inglés). 2012-01-23. Consultado o 2020-01-11. 
  25. "Koleka Putuma's Christian/ queer collision – The Mail & Guardian" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2020. Consultado o 2020-01-11. 
  26. "Leiden University catalogue". 2016. Consultado o 8 de maio de 2021. 
  27. Putuma, Koleka (13 de abril de 2017). Collective amnesia (First ed.). Cape Town, Suráfrica. ISBN 978-0-620-73508-7. OCLC 986218819. 
  28. "Poetry On The Road | May 22 – 27 2019 Koleka Putuma". www.poetry-on-the-road.com. Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2021. Consultado o 2020-01-11. 
  29. Mulgrew, Nick. "Announcing the PEN South Africa Student Writing Prize Winner | PEN South Africa" (en inglés). Consultado o 2020-01-11. 
  30. "Koleka Putuma's Collective Amnesia Wins the Glenna Luschei Prize for African Poetry, Nick Makoha & Dami Ajayi Shortlisted". Brittle Paper. 2019-06-02. Consultado o 2020-01-11. 
  31. BWW News Desk. "Koleka Putuma Announced As Winner Of 2018 SCrIBE Scriptwriting Competition". BroadwayWorld.com (en inglés). Consultado o 2020-01-11. 
  32. Africa, Forbes (2018-06-04). "Under 30 Creatives". Forbes Africa (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2018. Consultado o 2020-01-11. 
  33. "Prizes". African Poetry Book Fund (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2019. Consultado o 2020-01-11. 
  34. "OPEN CALL: 2020 Distell National Playwright Competition". Between 10 and 5 (en inglés). 2019-08-13. Arquivado dende o orixinal o 06 de decembro de 2020. Consultado o 2020-01-11.