Kitāb Rūŷar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Véxase tamén: Muhammad al-Idrisí.
Copia da Tabula Rogeriana (dada a volta).

O Kitāb Rūŷar ou Libro de Roxerio, a miúdo coñecido como Tabula Rogeriana (en latín), en árabe Nuzhat al-mushtāq fi'khtirāq al-āfāq نزهة المشتاق في اختراق الآفاق , literalmente O libro de agradables viaxes a terras afastadas, foi unha obra xeográfica na que se fai unha descrición do mundo, e que incorpora un mapamundi, realizada en 1154 polo xeógrafo e cartógrafo almorábide Muhammad al-Idrisí,[1] a petición de Roxerio II de Sicilia, rei normando de Sicilia.[2][3]

Al-Idrisí traballou nos comentarios e ilustracións do mapa durante quince anos na corte do rei Roxerio II de Sicilia, que lle encargara a obra ao redor de 1138.

Foi o mapa máis preciso do mundo durante os seguintes tres séculos. [3][4]

Baseada nas obras clásicas, consta, ao igual que aquelas, de tres partes:

  • Na primera, seguindo a Geographia de Ptolomeo, descríbese a forma e as dimensións da Terra.
  • A segunda parte céntrase nas divisións do planeta; para iso segue dous modelos, no primeiro divide o mundo en sete franxas paralelas ao ecuador, seguindo a tradición grega de división en grandes zonas climáticas, no segundo modelo, en cambio, segue a tradición islámica, dividindo en dez seccións contando desde Occidente a Oriente.
  • Por último, na terceira parte, preséntanse diferentes territorios a través de itinerarios. Nos lugares máis importantes, segue a tradición corográfica de destacar os aspectos máis relevantes da súa historia, lugar físico, etc.

A cartografía asociada ao libro denomínase Tabula Rogeriana.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bacharach, Jere L. (2006): Medieval Islamic Civilization: An Encyclopedia. Routledge. ISBN 978-0-4159-6690-0.
  • Harley, John Brian & Woodward, David (1992): The History of Cartography, Volume 2. Oxford University Press. ISBN 978-0-2263-1635-2.
  • Houben, Hubert (2002): Roger II of Sicily: A Ruler Between East and West. Cambridge University Press. ISBN 978-0-5216-5573-6.
  • Scott, S. P. (2021): History of the Moorish Empire in Europe. Bloomsbury Publishing. ISBN 978-1-7845-3533-9.