Kim Jong-un

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kim Jong-un
김정은
Kim Jong-un 2019 (cropped).jpg
Emblem of North Korea.svg
Líder Supremo da R.D. de Corea
Período17 de decembro de 2011
AntecesorKim Jong-il
Comandante Supremo do Exército
Período17 de decembro de 2011
AntecesorKim Jong-il
Datos persoais
Nacemento8 de xaneiro de 1984 e 8 de xaneiro de 1982
 Pyongyang
OrganizaciónPartido dos Traballadores
PaiKim Jong-il
NaiKo Yong-hui
CónxuxeRi Sol-ju
FillosKim Ju-ae e Kim Jong-ju
Alma máterUniversidade Kim Il-sung, Kim Il-sung Military University e Liebefeld-Steinhölzli State School
ProfesiónDaejang (Xeneral)
Relixiónateísmo
Kim Jong-un Signature.svg
Na rede
IMDB: nm4863120 Musicbrainz: 819583a3-4863-4ac1-94f1-1c899b2255bf WikiTree: Kim-302 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Kim Jong-un (en coreano: 김정은, IPA: [kim dʑʌŋ ɯn]), tamén coñecido como Kim Jong-eun ou Kim Jung-eun, anteriormente Kim Jong-woon ou Kim Jung-woon, nado o 8 de xaneiro de 1983, é o líder supremo de Corea do Norte. É o terceiro e máis novo fillo do seu defunto predecesor, Kim Jong-il e a súa consorte Ko Young-hee.

Dende finais de 2010, Jong-un comezou ser visto como futuro herdeiro no liderado da nación e, despois da morte do seu pai, foi anunciado como o "gran sucesor" pola televisión estatal de Corea do Norte. Foi declarado Comandante Supremo do Exército Popular de Corea o 24 de decembro de 2011. É un Daejang do Exército Popular de Corea, un rango militar equivalente á un Xeneral. Dise que estudou de forma privada ciencias da computación en Corea do Norte. Ten dúas licenciaturas, unha en física na Universidade Kim Il-sung e outra na Academia Militar Kim Il-sung.

En 2012 foi elixido pola Asemblea Popular Suprema, como Primeiro Presidente da Comisión Nacional de Defensa da República Popular Democrática de Corea, o cargo de goberno máis alto do país e foi reelixido en 2014. En 2016 o nome do cargo mudou polo de Presidente da Comisión de Asuntos de Estado da República Popular Democrática de Corea. Foi reelixido en 2019.

Nacemento[editar | editar a fonte]

Segundo as fontes oficiais norcoreanas naceu o 8 de xaneiro de 1982[1] así e todo, a intelixencia surcoreana cre que o nacemento é un ano posterior[2], a modificación do ano de nacemento puido ser por razóns simbólicas; 1982 marca os 70 anos do nacemento do seu avó, Kim Il-sung, e 40 anos do nacemento do seu pai Kim Jong-il. O departamento do tesouro dos Estados Unidos estableceu a data de nacemento no 8 de xaneiro de 1984[3].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Everything you need to know about North Korean leader Kim Jong Un". ABC News. 15 de xuño de 2018. 
  2. "Rodman Gives Details on Trip to North Korea". The New York Times. 9 de setembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2013. 
  3. Szoldra, Paul; Bondranenko, Veronika (19 de abril de 2017). "How North Korean leader Kim Jong-un, 33, became one of the world's scariest dictators". The Independent. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.