Presidente da Comisión de Asuntos de Estado de Corea do Norte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Presidente da Comisión de Asuntos de Estado de Corea do Norte
조선민주주의인민공화국 국무위원회 위원장
Emblem of the Chairman of the State Affairs Commission of North Korea.svg
Escudo do Presidente da Comisión de Asuntos de Estado da República Popular Democrática de Corea
Kim Jong-un at the Workers' Party of Korea main building.png
Titular
Kim Jong-un
Dende o 29 de xuño de 2016

ResidenciaResidencia Ryongsong
ÁmbitoRepública Popular Democrática de Corea
Nomeado porAsemblea Popular Suprema
Duración5 anos
Creación29 de xuño de 2016
Precedido porPresidente da Comisión Nacional de Defensa

O Presidente da Comisión de Asuntos de Estado da República Popular Democrática de Corea (en coreano: 조선민주주의인민공화국 국무위원회 위원장) é o líder da República Popular Democrática de Corea, segundo a constitución do país. O presidente dirixe a Comisión de Asuntos de Estado, que é a institución de liderado suprema en Corea do Norte, e encabeza as forzas armadas do país como o comandante supremo do Exército Popular de Corea. O presidente é tamén o líder do partido como Presidente do Partido dos Traballadores de Corea.

Historia[editar | editar a fonte]

O cargo ten a súa orixe no posto de Presidente da Comisión Nacional de Defensa do Comité Popular Central da República Popular Democrática de Corea (en coreano: 조선민주주의인민공화국 중앙인민위원회 국방위원회 위원장) que foi creado o 28 de decembro de 1972 xunto coa Comisión Nacional de Defensa, que naquel tempo era unha comisión subordinada ao Comité Popular Central. O presidente da República Popular Democrática de Corea, que naquel momento era Kim Il-sung era o presidente ex officio da Comisión Nacional de Defensa, así como o Comandante Supremo do Exército Popular de Corea, e ostentou o cargo do 28 de decembro de 1972 até o 9 de abril de 1993.

Unha emenda á Constitución de 1972 foi aprobada o 22 de maio de 1992 coa que o presidente do país deixaba de ser o presidente ex officio da Comisión Nacional de Defensa e o comandante supremo do Exército Popular de Corea. A mesma emenda tamén converteu a Comisión Nacional de Defensa nunha institución separada do Comité Popular Central para devir o órgano de liderado militar máis alto do país. Esta emenda permitiu que Kim Jong-il fose elixido como Presidente da Comisión Nacional de Defensa da República Popular Democrática de Corea (en coreano: 조선민주주의인민공화국 국방위원회 위원장) o 9 de abril de 1993 despois do seu nomeamento como comandante supremo do Exército Popular de Corea o 24 de decembro de 1991.

Tras a morte de Kim Il-sung o 8 de xullo de 1994, aprobouse outra emenda á Constitución de 1972 o 5 de setembro de 1998 que converteu a Comisión Nacional de Defensa na institución de liderado militar e administración máis alta, ficando como o corpo decisorio máis alto de Corea do Norte. A emenda tamén aboliu o cargo de Presidente despois de consagrar a Kim Il-sung como presidente eterno do país. A emenda estipulou que o presidente da Comisión Nacional de Defensa manda sobre todas as forzas armadas e guía a defensa nacional. Na práctica isto fixo que o presidente da Comisión Nacional de Defensa pasase a ser o oficial máis poderoso do país a pesar de que a emenda non o establece como tal.

Outra emenda á Constitución de 1972 que foi aprobada o 9 de abril de 2009 estableceu que o presidente da Comisión Nacional de Defensa é o "líder supremo" do país. A emenda tamén especifica os poderes do presidente de Comisión Nacional de Defensa, como guiar os asuntos estatais, nomear ou destituír cadros da defensa nacional, ratificar ou rexeitar tratados, conceder indultos, e declarar o estado de emerxencia ou o estado de guerra, poderes que antes tiña a Comisión Nacional de Defensa como un todo.

Kim Jong-il exerceu como presidente da Comisión Nacional de Defensa do 9 de abril de 1993 até a súa morte o 17 de decembro de 2011. A súa morte levou a outra emenda á Constitución 1972 que foi aprobada o 13 de abril de 2012 que consagrou a Kim Jong-il como presidente eterno da Comisión Nacional de Defensa da República Popular Democrática de Corea (en coreano: 조선민주주의인민공화국 영원한 국방위원회 위원장), e permitiu ao seu fillo Kim Jong-un sucedelo como Primeiro Presidente da Comisión Nacional de Defensa da República Popular Democrática de Corea (en coreano: 조선민주주의인민공화국 국방위원회 제1위원장).

Kim Jong-un ocupou o cargo de primeiro presidente da Comisión Nacional de Defensa dende o 13 de abril de 2012 até o 30 de xuño de 2016, cando se aprobou unha emenda á Constitución de 1972, para crear a Comisión de Asuntos de Estado que substituíu á Comisión Nacional de Defensa como o corpo decisorio máis alto do país. Esta emenda mesma tamén creou o actual cargo de Presidente da Comisión de Asuntos de Estados para o que Kim Jong-un foi elixido.

Poderes e responsabilidades[editar | editar a fonte]

Segundo o Artigo 103 da Constitución, o Presidente da Comisión de Asuntos de Estado ten os deberes seguintes e autoridade para:

  1. Dirixir todos os asuntos globais do Estado
  2. Guiar persoalmente o traballo da Comisión de Asuntos de Estado
  3. Nomear ou cesar cadros clave do Estado
  4. Ratificar ou rescindir tratados con outros países
  5. Exercer o dereito de conceder indultos especiais;
  6. Proclamar un estado de emerxencia, un estado de guerra e encargar mobilizacións dentro do país
  7. Organizar e dirixir o Comité de Defensa Nacional en tempos de guerra.

Lista[editar | editar a fonte]

Presidente da Comisión Nacional de Defensa do Comité Popular Central da República Popular Democrática de Corea

조선민주주의인민공화국 중앙인민위원회 국방위원회 위원장

Presidente Partido político Mandato Eleccións
Kim Il Sung Portrait-2.jpg Kim Il-sung

김일성

(1912–1994)

Kim Il Sung Signature.svg

Partido dos Traballadores de Corea 28 de decembro de 1972 16 de decembro de 1977 1972
16 de decembro de 1977 6 de abril de 1982 1977
6 de abril de 1982 29 de decembro de 1986 1982
29 de decembro de 1986 24 de maio de 1990 1986
24 de maio de 1990 22 de maio de 1992 1990
Presidente da Comisión Nacional de Defensa da República Popular Democrática de Corea

조선민주주의인민공화국 국방위원회 위원장

Presidente Partido político Mandato Eleccións
Kim Il Sung Portrait-2.jpg Kim Il-sung

김일성1)(1912–1994)

Kim Il Sung Signature.svg

Partido dos Traballadores de Corea 22 de maio de 1992 9 de abril de 1993 1990
Kim Jong il Portrait.jpg Kim Jong-il

김정일

(1941–2011)

Kim Jong-il Signature.svg

Partido dos Traballadores de Corea 9 de abril de 1993 5 de setembro de 1998
5 de setembro de 1998 3 de setembro de 2003 1998
3 de setembro de 2003 9 de abril de 2009 2003
9 de abril de 2009 17 de decembro de 2011 2009
Vacante (17 de decembro de 2011 – 13 de abril de 2012)
Primeiro Presidente da Comisión Nacional de Defensa da República Popular Democrática de Corea

조선민주주의인민공화국 국방위원회 제1위원장

Primeiro Presidente Partido político Mandato Eleccións
Kim Jong-un

김정은

(1983-)


Kim Jong-un Signature.svg

Partido dos Traballadores de Corea 13 de abril de 2012 9 de abril de 2014 2009
9 de abril de 2014 29 de xuño de 2016 2014
Presidente da Comisión de Asuntos de Estado da República Popular Democrática de Corea

조선민주주의인민공화국 국무위원회 위원장

Presidente Partido político Mandato Eleccións
Kim Jong-un

김정은

(1983-)


Kim Jong-un Signature.svg

Partido dos Traballadores de Corea 29 de xuño de 2016 11 de abril de 2019 2014
11 de abril de 2019 Presente 2019

Véxase tamén[editar | editar a fonte]