Ken Saro-Wiwa
![]() | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 10 de outubro de 1941 Bori |
| Morte | 10 de novembro de 1995 Port Harcourt |
| Causa da morte | pena de morte, enforcamento |
| Lugar de sepultura | cemiterio de Port Harcourt |
| Educación | Universidade de Ibadan Government College Umuahia |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Activista medioambiental, escritor, poeta, activista, produtor de televisión e autor |
| Ocupación | escritor, activista medioambiental, produtor de televisión, autor, activista, poeta, guionista, produtor |
| Empregador | Universidade de Lagos |
| Membro de | |
| Movemento | Ecoloxismo |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Familia | |
| Fillos | Ken Wiwa, Noo Saro-Wiwa, Zina Saro-Wiwa |
| Pai | Jim Wiwa |
| Premios | |
| Descrito pola fonte | Dictionary of African Biography, |
Kenule Beeson Saro-Wiwa, nado o 10 de outubro de 1941 e finado o 10 de novembro de 1995, foi un autor, produtor de televisión e activista nixeriano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ken Saro-Wiwa era un home de paz, un gran defensor dos dereitos humanos. Loitou de forma non-violenta pola dignidade dos pobos do Delta do Níxer. Concedéronlle o premio alternativo ao Nobel da Paz en 1994 polo "correcto modo de vivir" e Amnistía Internacional outorgoulle o estatuto de preso de conciencia. En 1995 galardoárono pola defensa do Medio Ambiente.
Preocupábao moito a situación de precariedade do seu pobo debido ás extraccións de petróleo que se estaban realizando na zona, contaminando e pondo en perigo o ecosistema, empobrecendo e reducindo as terras cultivábeis. En 1990 fundou o Movemento para a Supervivencia do Pobo Ogoni (MOSOP), desde o cal reclamaban: autonomía política, participación nas riquezas petroleiras extraídas das súas terras e o dereito a controlar o seu contorno ecolóxico. Saro-Wiwa foi o seu voceiro.
Aproveitando a súa sona de escritor e das súas relacións con outros autores quixo atraer a atención do mundo sobre a situación do pobo Ogoni. Denunciou o goberno e a compañía petrolífera Shell de seren os culpábeis da destrución do ecosistema da rexión, reclamándolle á Shell indemnizacións. Isto causoulle conflitos co goberno e coa Shell, sendo encarcerado en varias ocasións.
En 1994 asasinan nunha manifestación na rúa catro xefes Ogoni. Saro-Wiwa é arrestado de novo, xunto con oito compañeiros culpados por incitación á violencia. Xulgouno un tribunal militar especial, e foi acusado de complicidade neses asasinatos sen posibilidade de defensa. Sentenciárono a morte e posteriormente aforcárono o 10 de novembro de 1995 en Port Hacourt cos seus compañeiros Ogoni.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Nixeria |

