Keith Newton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Keith Newton
Prelado da Igrexa Católica Latina
Biografía
Nacemento10 de abril de 1952 en Liverpool, Reino Unido
CónxuxeGill
Ordes
Ordenación sacerdotal15 de xaneiro de 2011, por Vincent Nichols
Ordinario de Nosa Señora de Walsingham
2011 - actualidade
Cargos anterioresBispo de Richborough da Igrexa de Inglaterra (2002-2010)
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Keith Newton, nado o 10 de abril de 1952 en Liverpool, Inglaterra, é un prelado da Igrexa Católica nomeado o 15 de xaneiro de 2011 primeiro ordinario do ordinariato persoal da Nosa Señora de Walsingham.[1] Antes da súa entrada na Igrexa Católica, exerceu de sacerdote e bispo na Igrexa de Inglaterra.

Ministerio anglicano[editar | editar a fonte]

Newton estudou no King's College de Londres e obtivo posteriormente un posgraduado en educación no Christ Church College de Canterbury, antes de completar os seus estudos teolóxicos como aspirante á ordenación no St Augustine's College de Canterbury.[2][3]

Newton ocupou os seguintes cargos na Igrexa de Inglaterra:

  • 1975 - 1978, cura de Great Ilford St Mary, Chelmsford.
  • 1978 - 1985, vigairo en St Matthew’s Wimbledon no Wimbledon Team Ministry, Southwark
  • 1985 - 1991, reitor de Blantyre, Malaui e deán da Catedral de Blantyre
  • 1991 - 1993, sacerdote encargado de Holy Nativity Knowle, Bristol
  • 1993 - 2001, vigairo de Holy Nativity Knowle, Bristol
  • 1997 - 2001, sacerdote encargado de All Hallows, Easton

O 7 de marzo de 2002, Newton foi ordenado como bispo anglicano por George Carey, entón Arcebispo de Canterbury. Newton foi nomeado Bispo de Richborough e visitador episcopal provincial para a Provincia de Canterbury en 2002.[4] Mantivo este cargo até o 31 de decembro de 2010.

Ministerio católico[editar | editar a fonte]

Keith Newton e a súa muller, Gill, logo da ordenación de Newton como diácono católico.

En 2008 Newton reuniuse con membros da Congregación para a Doutrina da Fe para falar da posibilidade de unirse á Igrexa Católica.[5]

O 8 de novembro de 2010, Newton anunciou a súa intención de abandonar a Igrexa de Inglaterra a finais de ano para unirse ao ordinariato persoal proposto pola Igrexa Católica para acoller a antigos anglicanos que desearan manter algunhas das súas prácticas e tradicións.[6][7]

Newton foi recibido na Igrexa Católica xunto coa súa muller Gill nunha cerimonia na Catedral de Westminster o 1 de xaneiro de 2011, polo bispo Alan Hopes. Na cerimonia tamén foron recibidos Andrew Burnham (antigo bispo de Ebbsfleet), John Broadhurst (antigo bispo de Fulham) e a súa muller Judith e tres antigas relixiosas da Sociedade de Santa Margarida.[8]

O 13 de xaneiro de 2011 foi ordenado como diácono con outros dous antigos bispos anglicanos, Andrew Burnham e John Broadhurst,[9] xa que a Igrexa Católica non recoñece a validez das ordenacións anglicanas dende a publicación da bula Apostolicae Curae de León XIII. Dous días despois, o 15 de xaneiro de 2011, foron ordenados sacerdotes por Vincent Nichols, Arcebispo de Westminster, na catedral da arquidiocese. Nesa data o papa Bieito XVI nomeouno como primeiro ordinario do ordinariato persoal da Nosa Señora de Walsingham para Inglaterra e Gales.[10] Ao estar casado, non pode ser ordenado bispo.[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El p. Keith Newton dirigirá el ordinariato personal de Inglaterra y Gales". Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2014. Consultado o 19 de xullo de 2013. 
  2. Who's Who 2008: London, A & C Black, 2008 ISBN 978-0-7136-8555-8
  3. Crockfords (London, Church House 1995) ISBN 0-7151-8088-6
  4. "Forward in Faith". Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2012. Consultado o 22 de xullo de 2013. 
  5. Impact of pope's decree begins to dawn on Church of England members. The Guardian, 26 de outubro de 2009. Accedido o 24 de xullo de 2013, (en inglés).
  6. "Statement from five bishops". Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2013. Consultado o 24 de xullo de 2013. 
  7. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2013. Consultado o 24 de xullo de 2013. 
  8. ex-Anglican bishops are received into full communion Arquivado 11 de setembro de 2019 en Wayback Machine., The Catholic Herald, 1 January 2011
  9. "Online Magazine Following Birth of 1st Ordinariate". Zenit. 13 January 2011. Consultado o 14 January 2011. 
  10. Newton, Church in England and Wales website[Ligazón morta] (retrieved 15 January 2011)
  11. "Holy See Press Office Statement about the Personal Ordinariate of Our Lady of Walsingham in England and Wales". Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2011. Consultado o 26 de xullo de 2013.