Xerarca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un xerarca, no cristianismo oriental, ou ordinario, no cristianismo occidental, é un dirixente eclesiástico que, por mor do seu cargo, ten poder ordinario para executar leis.

Estes dirixentes existen nas igrexas organizadas de xeito xerárquico cun sistema de lexislación eclesiástico. O ordinario máis normal é o bispo diocesano. No cristianismo occidental recibe o nome de "ordinario", do latín "ordinarius"; e no cristianismo oriental é denominado "xerarca", do grego "ἱεράρχης" (hierarchēs).


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.