Keith Moon
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 23 de agosto de 1946 Central Middlesex Hospital, Reino Unido (en) |
| Morte | 7 de setembro de 1978 Mayfair, Reino Unido |
| Causa da morte | morte accidental, sobredose |
| Lugar de sepultura | Golders Green Crematorium (en) |
| Outros nomes | Moon the Loon, Uncle Ernie |
| Educación | Alperton Community School (en) |
| Altura | 1.750 mm |
| Actividade | |
| Ocupación | batería de rock, actor, letrista, batería, compositor |
| Período de actividade | 1962 |
| Membro de | |
| Xénero artístico | Música rock, art rock, hard rock e power pop |
| Instrumento | Batería e voz |
| Familia | |
| Cónxuxe | Kim McLagan (1966–1975) |
| Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Keith John Moon, nado en Londres o 23 de agosto de 1946[1] e finado o 7 de setembro de 1978, foi un músico Inglés, coñecido por ser o batería do grupo de rock inglés The Who.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Gañou eloxios polo seu estilo innovador e exuberante de tambores, e a notoriedade polo seu comportamento excéntrico e a miúdo autodestrutivo, o que lle valeu o alcume de "Moon the Loon" (Moon o Tolo). Moon uniuse a The Who en 1964, substituíndo a Doug Sandom. Tocou en todos os álbums e singles desde o seu debut, en 1964 " Zoot Suit", a 1978 en Who Are You, que foi editado tres semanas antes da súa morte.
Moon era coñecido pola súa dramática e emocionante forma de tocar a batería, evitando frecuentemente os ritmos básicos, enfocando a súa técnica na rapidez, subliñando os redobres a través dos tambores, manexando ambidiestramente o dobre bombo e golpeando salvaxemente os pratos. É mencionado no Salón da Fama do Rock como un dos máis grandes baterías de todos os tempos do rock and roll,[2] e foi incluído postumamente no Salón do Rock como membro The Who en 1990.
O legado de Moon, como membro de The Who, como solista e como unha personalidade excéntrica, segue colleitando premios e eloxios, entre eles os lectores de Rolling Stone escollérono no segundo lugar da revista como un dos "mellores batería de todos os tempos" en 2011,[3] case 35 anos despois da súa morte.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ The Who; Universal Studios (6 November 2007). 'Amazing Journey: The Story of the Who'. ASIN: B000VLOKQI (en English e Portuguese). Dolby, DVD, Subtitled, Widescreen, NTSC. Universal Studios.
- ↑ "The Who at the Rock and Roll Hall of Fame". Rockhall.com. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2010. Consultado o 22 October 2011.
- ↑ "Rolling Stone Readers Pick Best Drummers of All Time". Rolling Stone magazine reader's poll. Jann Wenner/Wenner Media Websites: Rolling Stone. 2011. Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2012. Consultado o 18 March 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Keith Moon |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- TheWho.com Páxina oficial de The Who
- Equipamento musical de Keith Moon en TheWho.net Arquivado 31 de maio de 2013 en Wayback Machine.
- Keith Moon Arquivado 08 de marzo de 2013 en Wayback Machine.
- Arquivo da BBC sobre Keith Moon
- Further Information about Forthcoming Keith Moon Biopic Arquivado 08 de marzo de 2013 en Wayback Machine.