Keiichiro Toyama

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaKeiichiro Toyama

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ja) 外山圭一郎 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de xaneiro de 1970 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
Miyakonojō, Xapón Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeXapón Editar o valor em Wikidata
EducaciónTokyo Zokei University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoVideoxogo Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónprodutor de videoxogos , guionista , enxeñeiro , deseñador de xogos Editar o valor em Wikidata
EmpregadorBokeh Game Studio (pt) Traducir (2020–)
Japan Studio (pt) Traducir (1999–2020)
Konami (1994–1999) Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1596678 Musicbrainz: 6e5463af-925f-4f8a-a536-bcbcdaa3d546 Editar o valor em Wikidata

Keiichirō Toyama (外山 圭一郎 Toyama Keiichirō?), nado en Miyakonojō en 1970, é un director e deseñador de videoxogos xaponés, coñecido por ser o creador de franquías de videoxogos como Silent Hill, Siren e Gravity Rush.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Toyama naceu en 1970 na prefectura de Miyazaki, e estudou arte na Universidade de Toquio Zokei.[2] Despois de graduarse uniuse a Konami en 1994 como artista gráfico.[3][4] Foi deseñador gráfico e deseñador de personaxes da versión Sega CD de Snatcher e International Track & Field, e despois diso creou a serie Silent Hill.[5] O xogo tivo éxito e produciu varias secuelas, mais Toyama deixou Team Silent en 1999 despois de que o primeiro xogo fose lanzado para unirse a Japan Studio e traballar na serie Siren.[3][6] Dirixiu os videoxogos Siren (2003) e a súa secuela Forbidden Siren 2 (2006).[7] En 2008, Toyama lanzou Siren: Blood Curse, unha reimaxinación do xogo Siren orixinal. Toyama entón traballou no xogo de PlayStation Vita Gravity Rush, lanzado en 2012.[8] A súa secuela, Gravity Rush 2, foi lanzada o 19 de xaneiro de 2017 no Xapón.

Toyama deixou Sony Japan Studio en setembro de 2020. Fundou Bokeh Game Studio xunto a Kazunobu Sato e Junya Okura, ambos os cales traballaron na serie Siren, o 13 de agosto de 2020.[4][9][10] Cando se lle preguntou sobre o que provocou a mudanza, Toyama afirmou que se inspirou no seu compañeiro deseñador Fumito Ueda, que relatou gran parte das súas experiencias coa fundación de genDESIGN con Toyama.[11] Toyama anunciou que ten pensado volver ao xénero de terror cun xogo inspirado nos directores de cinema Wong Kar-wai e Fruit Chan.[6] O xogo, Slitterhead, foi revelado formalmente durante The Game Awards 2021.[12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Perron, Bernard; Barker, Clive (7 de outubro de 2009). Horror video games: essays on the fusion of fear and play. McFarland. pp. 15–. ISBN 978-0-7864-4197-6. OCLC 419264171. 
  2. "外山ディレクターも空に落ちる!? 『GRAVITY DAZE』本日発売! おすすめポイントを直撃インタビュー!『2』の最新情報も!【特集第4回】". PlayStation.Blog (en xaponés). 10 de decembro de 2015. Consultado o 13 de outubro de 2019. 
  3. 3,0 3,1 Gifford, Kevin (13 de outubro de 2013). "Silent Hill creator discusses how he joined the game biz and why AAA horror is 'difficult' to fund". Polygon. 
  4. 4,0 4,1 STENBUCK, KITE (3 de decembro de 2020). "Keiichiro Toyama Left SIE and Founded Bokeh Game Studio". Siliconera (en inglés). Consultado o 31 de maio de 2021. 
  5. Barder, Ollie (3 de setembro de 2016). "Keiichiro Toyama Talks About His Work On 'Gravity Rush' And 'Siren'". Forbes (en inglés). Consultado o 2 de xuño de 2021. 
  6. 6,0 6,1 McWhertor, Michael (25 de marzo de 2021). "Silent Hill creator teases new horror game project". Polygon (en inglés). Consultado o 2 de xuño de 2021. 
  7. Reed, Kristan (23 de marzo de 2006). "Forbidden Siren 2: Keiichiro Toyama on Sony's latest horror title". Eurogamer (en inglés). Consultado o 2 de xuño de 2021. 
  8. Leo, Jon (7 de xuño de 2011). "E3 2011: Gravity Daze Hands-On Preview". GameSpot (en inglés). Consultado o 10 de xuño de 2021. 
  9. Pineda, Rafael Antonio (2 de decembro de 2020). "Silent Hill, Gravity Rush's Keiichirō Toyama Leaves SIE, Founds New Studio". Anime News Network. 
  10. decembro de 2020, Jordan Gerblick 03 (3 de decembro de 2020). "Silent Hill creator Keiichiro Toyama leaves Sony to form new studio". gamesradar (en inglés). Consultado o 2 de xuño de 2021. 
  11. Robson, Daniel (23 de decembro de 2020). "Silent Hill and Gravity Rush Creator's New Project Will Be a Horror Action-Adventure Game, Aiming for 2023". IGN. Consultado o 1 de xuño de 2021. 
  12. Romano, Sal (10 de decembro de 2021). "Bokeh Game Studios announces Slitterhead". Gematsu. Gematsu. Consultado o 10 de decembro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]