Suðurnes
| |||
Mapa | |||
---|---|---|---|
Información | |||
Capital Poboación |
Keflavík 8,169 hab. (2009) | ||
Entidade País |
Rexión administrativa![]() | ||
Subdivisións | 1 condado 5 municipios | ||
Superficie | 829 km² | ||
Poboación * Densidade |
21.431 hab. (2008) 25,9 hab./km² |
Suðurnes (en galego: Rexión Suroccidental) é unha das oito Rexións administrativas de Islandia. Está situada ao suroeste do país e a súa capital é a cidade de Keflavík. A rexión está principalmente conectada co resto do país pola estrada 41 ao norte, que é unha das principais estradas do país e que a une directamente coa capital, Reiquiavik.
Nesta rexión se encontra o Aeroporto Internacional de Keflavík, o principal punto de entrada de Islandia. Tamén atopamos o balneario xeotermal de Bláa lónið.
Demografía[editar | editar a fonte]
Suðurnes ten unha poboación de 21.431 habitantes nunha extensión de 829 km², o que supón unha densidade de poboación de 25,9 hab./km², sendo unha das rexións máis densamente poboadas da illa. O seu centro administrativo é Keflavík, que tiña 7.000 habitantes ata que se fusionou coa veciña cidade de Njarðvík hai uns anos, conformando unha poboación de máis de 10.000 habitantes e converténdose na segunda poboación máis grande fóra da área metropolitana de Reiquiavik. En outubro de 2007, a cidade contaba cunha poboación de 13.000 habitantes.
Ano | Poboación | Porcentaxe da poboación islandesa |
1920 | 2.497 | 2,64 % |
1930 | 2.820 | 2,60 % |
1940 | 3.472 | 2,86 % |
1950 | 5.058 | 3,51 % |
1960 | 8.924 | 4,98 % |
1970 | 10.584 | 5,17 % |
1980 | 13.302 | 5,75 % |
1990 | 15.202 | 5,90 % |
2000 | 16.491 | 5,79 % |
2007 | 20.415 | 6,48 % |
Condados[editar | editar a fonte]
Na rexión de Suðurnes se encontra un dos vinte e trés condados de Islandia, o condado de Gullbringusýsla.
Municipios[editar | editar a fonte]
Suðurnes comprende os seguintes cinco municipios:
- Garður (1.542 habitantes)
- Grindavík (2.849 habitantes)
- Reykjanesbær (14.208 habitantes)
- Sandgerði (1.750 habitantes)
- Sveitarfélagið Vogar (1.215 habitantes)
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Península de Reykjanes.
O balneario xeotermal de Bláa Lónið.
A illa Eldey.