Kazuma Kodaka

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Kazuma Kodaka (xap. こだか和麻, Kodaka Kazuma), nada en Kōbe o 16 de novembro de 1969, é unha debuxante de manga xaponesa.

Biografía[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira en 1989 no magacine Shōnen Champion co manga Sessa Takuma! [1]. Acadou fama cos seus mangas do xénero yaoi, con escenas eróticas entre homes novos. Tamén ten realizado dōjinshi, ou parodias de mangas e animes coñecidos, como Yoroiden Samurai Troopers​, Slam Dunk, Hikaru no Go, Tenisu no Ōjisama, Hagane no renkinjutsushi, Yakitate!! Japan ou Gankutsuou.

Os seus mangas máis coñecidos son Not Ready!? Sensei e Kizuna. Neles aparecen os heroes andróxinos típicos do manga shōjo.

En galego editouse Bícame profe (xap. 腐った教師の方程式 Kusatta Kyōshi no Hōteishiki) en varios volumes.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Kizuna (1992-2005, 10 volumes)
  • Sessa Takuma! (1993)
  • Kimi wa Hero
  • Kimera (1995-1996, 2 volumes)
  • Bícame profe (1993-2002, 10 volumes); 4 volumes editados en galego por Edicións do Cumio, 2008-2009
  • Sebiro no Housekeeper (1995 e 1997, 2 tomos)
  • Kodaka Kazuma Illustrations (1997)
  • Midare Somenishi (1999)
  • Not Ready!? Sensei (2000 e 2004, 2 tomos)
  • Mezase HERO! (2001 e 2004, 2 tomos)
  • Ihōjin Etoranze (2003)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]