Kaytranada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Kaytranada
Kaytranada
Nome completoLouis Kevin Celestin
Nacemento25 de agosto de 1992 (26 anos)
OrixeMontreal, Canada Flag of Canada.svg
OcupaciónProdución musical e compositor
Relacionado conXL Recordings, HW&W, Parlophone UK, Tommy Boy Music [1]
Tempo en activo2010 - actualidade
Na rede
www.kaytranada.com
editar datos en Wikidata ]

Louis Kevin Celestin, nado en Porto Príncipe, Haití, o 25 de agosto de 1992 , é un músico electrónico e compositor canadense, traballa baixo o nome artístico de Kaytranada.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

No ano 2012 Kaytranada acadou sona internacional cun remix non oficial de Janet Jackson, traballo que obtivo 9 millóns de escoitas públicas [2][3]. Tras o evento o artista abandona os estudos medios e comeza a xirar como DJ en Canadá, país de emigración da súa familia, e Europa. No ano 2014 firma co selo londinense XL Recordings, casa de M.I.A. ou Adele. Durante os dous anos seguintes Kaytranada produce obra dun xeito estábel ("Drive Me Crazy," con colaboración de Vic Mensa) o aclamado álbum "99.9%", "Girl", "Lite Weight", "Love" e "Honey" (Katy B). Con "99.9%" o artista obtén o galardón Polaris Music Prize e comeza a colaborar con artistas de renome como Gorillaz, Snoop Dogg ou Kendrick Lamar, pasando ao 2018 onde asina contrato co selo multinacional RCA para o traballo "Nothin Like U/Chances" un EP electrónico con baterías lixeiras e etéreas para a pista de baile.[4]

Discografía[editar | editar a fonte]

O estilo de música electrónica de Kaytranada foi clasificado como Future Beats [5]

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
99.9% 2016 XL Recordings

Sinxelos e EPs[editar | editar a fonte]

  • Kaytra Todo - 2013 (Jakarta)
  • Kaytranada / Suicideyear - Bromance #10 - 2013 (Bromance Records)
  • At All / Hilarity Duff- 2013 (HW&W Recordings)
  • RMX EP - 2013 (Jakarta)
  • Leave Me Alone ‎ - 2014 (XL Recordings)
  • Kaytranada Feat. Vic Mensa - Drive Me Crazy- 2015 (XL Recordings)
  • Freddie Gibbs X Kaytranada - My Dope House - 2016 (XL Recordings)
  • Glowed Up / Lite Spots - 2016 (XL Recordings)
  • Together- 2016 (XL Recordings)
  • BadBadNotGood Ft. Kaytranada & Snoop Dogg - Lavender (Nightfall Remix) - 2017 (Doggstyle records)
  • Nothin Like U / Chances- Duas versións, 2018 (RCA)
  • Robert Glasper x Kaytranada - The ArtScience Remixes ‎(LP, EP, Ltd)- 2018 (Blue Note)

[6]

Notas[editar | editar a fonte]