Os KH-9, a diferenza dos modelos anteriores, non se basearon na etapa superior dos foguetes Agena se non que se creou un bus para eles denominado SCS (Satellite Control Section). Levaban catro cápsulas de retorno de película fotográfica, que eran recuperadas por unha aeronave especialmente equipada mentres caían en paracaídas. O sistema fotográfico, construído por Perkin-Elmer, estaba formada por dúas cámaras panorámicas que conseguían 0,61 m de resolución.[1][2]
Lanzáronse 20 KH-9 mediante foguetes Titan 3D e Titan 34D entre 1971 e 1986, cun só lanzamento fallado.[1][2]