KH-4

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «KH-4B»)
Esquema dos satélites KH-4/Agena B.

KH-4 (Keyhole-4) ou Discoverer, parte do programa Corona, foi unha serie de satélites de recoñecemento operados pola CIA que contou con diferentes variedades.[1][2][3][4][5][6][7]

KH-4 baseado no Agena B[editar | editar a fonte]

A primeira variedade de KH-4 estaba baseado na etapa superior do foguete Agena B, que proporcionaba control de actitude unha vez en órbita. A cápsula de retorno da película tiña o seu propio retrofoguete de propelente sólido para regresar á Terra e era recollida mentres estaba aínda no aire mediante un avión especialmente equipado. Despois dos dous primeiros KH-4/Agena B, a designación Discoverer para estes satélites deixou de usarse. A carga útil de cada KH-4/Agena B consistía en dúas cámaras Corona panorámicas para obter imaxes estereoscópicas e unha cápsula de retorno para enviar a terra a película fotográfica usada polas cámaras. A bordo tamén iba unha "cámara índice" para conextualizar as fotografías de alta resolución. O conxunto das dúas cámaras formaba a denominada Corona-M ou cámara mural. Era fabricada por Itek Corporation e tiña unha resolución de entre 3,6 e 5,1 m.[4]

Cunha masa de 1200 kg cada un, lanzáronse once KH-4/Agena B durante 1962, todos mediante foguetes Thor Agena B e todos chegando a órbita con éxito.[4]

KH-4 baseado no Agena D[editar | editar a fonte]

Similares aos KH-4/Agena B, usaban unha etapa final dos Agena D como corpo do satélite. Levaban igualmente unha cámara Mural de 7,5 m de resolución composta por dúas cámaras Corona e unha cápsula de retorno de película. Lanzáronse quince KH-4/Agena D usando Thor Agena D, dous deles fallando por problemas no foguete lanzador.[5]

KH-4A[editar | editar a fonte]

Os KH-4A estaban baseados na etapa final dos Agena D e usaban dúas cámaras J-1 panorámicas cunha lonxitude focal de 61 cm e unha resolución de 2,7 m, así como unha cámara índice cunha resolución de 162 m e unha cobertura de 308 x 308 km. Lanzáronse 52 KH-4A entre 1963 e 1969 usando Thor Agena D, tres deles fallando por problemas no foguete lanzador.[6]

KH-4B[editar | editar a fonte]

Os KH-4B usaban tamén unha etapa final Agena D, usando dúas cámaras J-3 panorámicas cunha lonxitude focal de 61 cm e unha resolución de 1,8 m, así como unha cámara índice cunha resolución de 30 m e unha cobertura de 260 x 260 km. Lanzáronse 17 KH-4B entre 1967 e 1972 usando Thor Agena D, fallando un deles por problemas do lanzador.[7]

Historial de lanzamentos[editar | editar a fonte]

Misión[1][2][3][4][5][6][7] Data de lanzamento[1][2][3][4][5][6][7] Foguete lanzador[1][2][3][4][5][6][7] Notas[1][2][3][4][5][6][7]
KH-4 1 27 de febreiro de 1962 Thor DM21 Éxito. Modelo KH-4/Agena B.
KH-4 2 18 de abril de 1962 Thor DM21 Éxito. Modelo KH-4/Agena B.
KH-4 3 29 de abril de 1962 Thor DM21 Éxito. Modelo KH-4/Agena B.
KH-4 4 30 de maio de 1962 Thor DM21 Éxito. Modelo KH-4/Agena B.
KH-4 5 2 de xuño de 1962 Thor DM21 Éxito. Modelo KH-4/Agena B.
KH-4 6 23 de xuño de 1962 Thor DM21 Éxito. Modelo KH-4/Agena B.
KH-4 7 28 de xuño de 1962 Thor DM21 Éxito. Modelo KH-4/Agena D.
KH-4 8 21 de xullo de 1962 Thor DM21 Éxito. Modelo KH-4/Agena B.
KH-4 9 28 de xullo de 1962 Thor DM21 Éxito. Modelo KH-4/Agena B.
KH-4 10 2 de agosto de 1962 Thor DM21 Éxito. Modelo KH-4/Agena D.
KH-4 11 29 de agosto de 1962 Thor DM21 Éxito. Modelo KH-4/Agena D.
KH-4 12 17 de setembro de 1962 Thor DM21 Éxito. Modelo KH-4/Agena B.
KH-4 13 29 de setembro de 1962 Thor DM21 Éxito. Modelo KH-4/Agena D.
KH-4 14 5 de novembro de 1962 Thor DM21 Éxito. Modelo KH-4/Agena B.
KH-4 15 24 de novembro de 1962 Thor DM21 Éxito. Modelo KH-4/Agena B.
KH-4 16 4 de decembro de 1962 Thor DM21 Éxito. Modelo KH-4/Agena D.
KH-4 17 14 de decembro de 1962 Thor DM21 Éxito. Modelo KH-4/Agena D.
KH-4 18 7 de xaneiro de 1963 Thor DM21 Éxito. Modelo KH-4/Agena D.
KH-4 19 28 de febreiro de 1963 Thor SLV2A Fallo. Modelo KH-4/Agena D.
KH-4 20 1 de abril de 1963 Thor DM21 Éxito. Modelo KH-4/Agena D.
KH-4 21 12 de xuño de 1963 Thor SLV2A Éxito. Modelo KH-4/Agena D.
KH-4 22 27 de xuño de 1963 Thor SLV2A Éxito. Modelo KH-4/Agena D.
KH-4 23 19 de xullo de 1963 Thor DM21 Éxito. Modelo KH-4/Agena D.
KH-4A 1 25 de agosto de 1963 Thor SLV2A Éxito. Modelo KH-4A.
KH-4A 2 23 de setembro de 1963 Thor SLV2A Éxito. Modelo KH-4A.
KH-4 24 9 de novembro de 1963 Thor DM21 Fallo. Modelo KH-4/Agena D.
KH-4 25 27 de novembro de 1963 Thor DM21 Éxito. Modelo KH-4/Agena D.
KH-4 26 23 de decembro de 1963 Thor SLV2A Éxito. Modelo KH-4/Agena D.
KH-4A 3 15 de febreiro de 1964 Thor SLV2A Éxito. Modelo KH-4A.
KH-4A 4 24 de marzo de 1964 Thor SLV2A Fallo. Modelo KH-4A.
KH-4A 5 27 de abril de 1964 Thor SLV2A Éxito. Modelo KH-4A.
KH-4A 6 4 de xuño de 1964 Thor SLV2A Éxito. Modelo KH-4A.
KH-4A 7 19 de xuño de 1964 Thor SLV2A Éxito. Modelo KH-4A.
KH-4A 8 10 de xullo de 1964 Thor SLV2A Éxito. Modelo KH-4A.
KH-4A 9 5 de agosto de 1964 Thor SLV2A Éxito. Modelo KH-4A.
KH-4A 10 14 de setembro de 1964 Thor SLV2A Éxito. Modelo KH-4A.
KH-4A 11 5 de outubro de 1964 Thor SLV2A Éxito. Modelo KH-4A.
KH-4A 12 17 de outubro de 1964 Thor SLV2A Éxito. Modelo KH-4A.
KH-4A 13 2 de novembro de 1964 Thor SLV2A Éxito. Modelo KH-4A.
KH-4A 14 18 de novembro de 1964 Thor SLV2A Éxito. Modelo KH-4A.
KH-4A 15 19 de decembro de 1964 Thor SLV2A Éxito. Modelo KH-4A.
KH-4A 16 15 de xaneiro de 1965 Thor SLV2A Éxito. Modelo KH-4A.
KH-4A 17 25 de febreiro de 1965 Thor SLV2A Éxito. Modelo KH-4A.
KH-4A 18 25 de marzo de 1965 Thor SLV2A Éxito. Modelo KH-4A.
KH-4A 19 29 de abril de 1965 Thor SLV2A Éxito. Modelo KH-4A.
KH-4A 20 18 de maio de 1965 Thor SLV2A Éxito. Modelo KH-4A.
KH-4A 21 9 de xuño de 1965 Thor SLV2A Éxito. Modelo KH-4A.
KH-4A 22 19 de xullo de 1965 Thor SLV2A Éxito. Modelo KH-4A.
KH-4A 23 17 de agosto de 1965 Thor SLV2A Éxito. Modelo KH-4A.
KH-4A 24 22 de setembro de 1965 Thor SLV2A Éxito. Modelo KH-4A.
KH-4A 25 5 de outubro de 1965 Thor SLV2A Éxito. Modelo KH-4A.
KH-4A 26 28 de outubro de 1965 Thor SLV2A Éxito. Modelo KH-4A.
KH-4A 27 9 de decembro de 1965 Thor SLV2A Éxito. Modelo KH-4A.
KH-4A 28 24 de decembro de 1965 Thor SLV2A Éxito. Modelo KH-4A.
KH-4A 29 2 de febreiro de 1966 Thor SLV2A Éxito. Modelo KH-4A.
KH-4A 30 9 de marzo de 1966 Thor SLV2A Éxito. Modelo KH-4A.
KH-4A 31 7 de abril de 1966 Thor SLV2A Éxito. Modelo KH-4A.
KH-4A 32 3 de maio de 1966 Thor SLV2A Fallo. Modelo KH-4A.
KH-4A 33 24 de maio de 1966 Thor SLV2A Éxito. Modelo KH-4A.
KH-4A 34 21 de xuño de 1966 Thor SLV2A Éxito. Modelo KH-4A.
KH-4A 35 9 de agosto de 1966 Thor SLV2G Éxito. Modelo KH-4A.
KH-4A 36 20 de setembro de 1966 Thor SLV2A Éxito. Modelo KH-4A.
KH-4A 37 8 de novembro de 1966 Thor SLV2G Éxito. Modelo KH-4A.
KH-4A 38 14 de xaneiro de 1967 Thor SLV2A Éxito. Modelo KH-4A.
KH-4A 39 22 de febeiro de 1967 Thor SLV2A Éxito. Modelo KH-4A.
KH-4A 40 30 de marzo de 1967 Thor SLV2A Éxito. Modelo KH-4A.
KH-4A 41 9 de maio de 1967 Thor SLV2G Fallo parcial. Modelo KH-4A.
KH-4A 42 16 de xuño de 1967 Thor SLV2G Éxito. Modelo KH-4A.
KH-4B 1 15 de setembro de 1967 Thor SLV2G Éxito. Modelo KH-4B.
KH-4A 43 7 de agosto de 1967 Thor SLV2G Éxito. Modelo KH-4A.
KH-4A 44 2 de novembro de 1967 Thor SLV2G Éxito. Modelo KH-4A.
KH-4B 2 9 de decembro de 1967 Thor SLV2G Éxito. Modelo KH-4B.
KH-4A 45 24 de xaneiro de 1968 Thor SLV2G Éxito. Modelo KH-4A.
KH-4A 46 14 de marzo de 1968 Thor SLV2G Éxito. Modelo KH-4A.
KH-4B 3 1 de maio de 1968 Thor SLV2G Éxito. Modelo KH-4B.
KH-4A 47 20 de xuño de 1968 Thor SLV2G Éxito. Modelo KH-4A.
KH-4B 4 7 de agosto de 1968 Thor SLV2G Éxito. Modelo KH-4B.
KH-4A 48 18 de setembro de 1968 Thor SLV2G Éxito. Modelo KH-4A.
KH-4B 5 3 de novembro de 1968 Thor SLV2G Éxito. Modelo KH-4B.
KH-4A 49 12 de decembro de 1968 Thor SLV2G Éxito. Modelo KH-4A.
KH-4B 6 5 de febreiro de 1969 Thor SLV2G Éxito. Modelo KH-4B.
KH-4A 50 19 de marzo de 1969 Thor SLV2G Éxito. Modelo KH-4A.
KH-4A 51 2 de maio de 1969 Thor SLV2G Éxito. Modelo KH-4A.
KH-4B 7 24 de xullo de 1969 Thor SLV2H Éxito. Modelo KH-4B.
KH-4A 52 22 de setembro de 1969 Thor SLV2G Éxito. Modelo KH-4A.
KH-4B 8 4 de decembro de 1969 Thor SLV2H Éxito. Modelo KH-4B.
KH-4B 9 4 de marzo de 1970 Thor SLV2H Éxito. Modelo KH-4B.
KH-4B 10 20 de maio de 1970 Thor SLV2H Éxito. Modelo KH-4B.
KH-4B 11 23 de xullo de 1970 Thor SLV2H Éxito. Modelo KH-4B.
KH-4B 12 18 de novembro de 1970 Thor SLV2H Éxito. Modelo KH-4B.
KH-4B 13 17 de febreiro de 1971 Thor SLV2H Fallo. Modelo KH-4B.
KH-4B 14 24 de marzo de 1971 Thor SLV2H Éxito. Modelo KH-4B.
KH-4B 15 10 de setembro de 1971 Thor SLV2H Éxito. Modelo KH-4B.
KH-4B 16 19 de abril de 1972 Thor SLV2H Éxito. Modelo KH-4B.
KH-4B 17 25 de maio de 1972 Thor SLV2H Éxito. Modelo KH-4B.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Mark Wade (2020). "KH-4" (en inglés). Consultado o 8 de agosto de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Mark Wade (2020). "KH-4A" (en inglés). Consultado o 8 de agosto de 2020. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Mark Wade (2020). "KH-4B" (en inglés). Consultado o 8 de agosto de 2020. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "KH-4 Corona (Agena-B based)" (en inglés). Consultado o 8 de agosto de 2020. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "KH-4 Corona (Agena-D based)" (en inglés). Consultado o 8 de agosto de 2020. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "KH-4A Corona" (en inglés). Consultado o 8 de agosto de 2020. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "KH-4B Corona" (en inglés). Consultado o 8 de agosto de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]