KH-2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esquema dos satélites KH-2.

KH-2 (Keyhole-2) ou Discoverer, parte do programa Corona, foi unha serie de satélites de recoñecemento operados pola CIA.[1][2]

Historia[editar | editar a fonte]

Os KH-2 foron a segunda versión dos satélites KH-1, o primeiro intento por parte dos Estados Unidos de poñer en marcha unha serie de satélites de recoñecemento óptico. A carga útil de cada KH-1 consistía nunha cámara Corona panorámica mellorada e unha cápsula de retorno para enviar a terra a película fotográfica usada pola cámara. A cámara, construída por Fairchild Camera Co., tiña unha apertura de f/5.0 e unha lonxitude focal de 61 cm, cunha resolución de 10,7 m.[1][2]

Os satélites estaban baseados na etapa superior do foguete Agena B, que proporcionaba control de actitude unha vez en órbita. A cápsula de retorno da película tiña o seu propio retrofoguete de propelente sólido para regresar á Terra. A cápsula era recollida mentres estaba aínda no aire mediante un avión especialmente equipado.[1][2]

Lanzáronse dez KH-2 entre 1960 e 1961, todos mediante foguetes Thor Agena B. Catro fallaron durante o lanzamento e dos restantes e catro dos que chegaron a órbita devolveron a película fotográfica con éxito.[1][2]

Historial de lanzamentos[editar | editar a fonte]

Misión[1][2] Data de lanzamento[1][2] Foguete lanzador[1][2] Notas[1][2]
KH-2 1 26 de outubro de 1960 Thor Agena B Fallo
KH-2 2 12 de novembro de 1960 Thor Agena B Éxito
KH-2 3 7 de decembro de 1960 Thor Agena B Éxito
KH-2 4 30 de marzo de 1961 Thor Agena B Fallo
KH-2 5 16 de xuño de 1961 Thor Agena B Éxito
KH-2 6 7 de xullo de 1961 Thor Agena B Fallo
KH-2 7 4 de agosto de 1961 Thor Agena B Fallo
KH-2 8 23 de outubro de 1961 Thor Agena B Fallo
KH-2 9 5 de novembro de 1961 Thor Agena B Éxito
KH-2 10 15 de novembro de 1961 Thor Agena B Éxito

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Mark Wade (2020). "KH-2" (en inglés). Consultado o 8 de agosto de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "KH-2 Corona" (en inglés). Consultado o 8 de agosto de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]