A atmosfera da estación estaría composta por helio e osíxeno. A estación sería lanzada como un todo cunha nave Gemini B acoplada e tripulada, coa vantaxe de que non sería necesario un acoplamento espacial no caso de terse lanzado por separado. Os astronautas usarían a Gemini para o regreso a terra. Os experimentos que terían sido levados a cabo desde a estación incluían recoñecemento óptico da Terra usando telescopios apuntando a terra e radar, intercepción e inspección de satélites e en xeral que utilidade práctica podería ter unha estación espacial tripulada.[1]
Despois de cancelarse o proxecto, algúns dos seus elementos de recoñecemento foron reutilizados nos satélites espías da serie KH, e os experimentos da tripulación foron realizados na estación espacial Skylab.[1]