Jérôme d'Ambrosio
(2011) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de decembro de 1985 (38 anos) Etterbeek, Bélxica |
Educación | St. John's International School (en) |
Altura | 172 cm |
Peso | 62 kg |
Actividade | |
Ocupación | piloto de Fórmula Un, piloto de automobilismo |
Deporte | automobilismo |
Participou en | |
Fórmula E | |
Familia | |
Cónxuxe | Eleonore von Habsburg |
Fillos | Otto d'Ambrosio |
Páxina web | jeromedambrosio.com |
Jérôme d'Ambrosio é un piloto belga de orixe italiano nado o 27 de decembro de 1985 en Etterbeek (Bélxica). Pilotou para Marussia Virgin Racing durante a tempada 2011 de Fórmula Un. Como resultado da prohibición por unha carreira recibida por Romain Grosjean no Gran Premio de Bélxica de 2012, d'Ambrosio substituíu o francés para o Gran Premio de Italia de 2012. Posteriormente pasou a competir na Fórmula E pilotando para Dragon Racing. D'Ambrosio logrou a súa primeira vitoria na Fórmula E en 2015 no 2015 Berlín ePrix, e unha segunda na 2016 México ePrix, como resultado da descualificación de Lucas di Grassi.
Fórmula Un
[editar | editar a fonte]En xaneiro de 2010, D'Ambrosio presentouse como piloto de reserva de Renault F1, o 16 de setembro anuciouse que D'Ambrosio substituiria a Lucas di Grassi en Virgin en catro ocasións durante a práctica do venres: nos Grandes Premios de Singapur, Xapón, Corea e o Brasil. Na súa primeira práctica do venres en Singapur, finalizou 21º, dúas décimas detrás do seu compañeiro de equipo Timo Glock.
Virgin (2011)
[editar | editar a fonte]O 21 de decembro de 2010, Virgin Racing confirmou que d'Ambrosio correría para o equipo en 2011[1] Nas súas 13 primeiras carreiras para o equipo, d'Ambrosio terminou 11 delas coas súas únicas retiradas en Malaisia debido a un problema coa electrónica do seu coche e en Italia debido a problemas co cambio. Os seus mellores finais foron dous 14º postos, en Australia e o Canadá. Na súa carreira de casa, o Gran Premio de Bélxica, finalizou 17º, superando ao seu compañeiro de equipo Timo Glock.
No garaxe de Virgin, d'Ambrosio era coñecido cariñosamente como 'Custard' (crema de ovo), pola palabra Ambrosia pegada na súa cabina cando comezou a facer probas para a tempada 2011 en Valencia. Ambrosia é unha famosa marca de crema de ovo e arroz con leite no Reino Unido.[2]
D'Ambrosio terminou 24º na tempada no campionato de pilotos, por diante de Glock (cuxos mellores acabados foron un par de 15º lugares), pero foi substituído por Charles Pic para a tempada 2012.[3]
Lotus (2012-2013)
[editar | editar a fonte]O 24 de xaneiro de 2012, anunciouse que d'Ambrosio podería actuar como piloto de reserva de Lotus F1 antes da tempada de 2012 e estarí presente en todas as carreiras da tempada, xunto cos pilotos Kimi Räikkönen e Romain Grosjean. Tamén fixo un traballo como comentarista de Sky Sports F1 para as sesións de práctica das carreiras de F1, GP2 e GP3 e na canle belga de fala francesa RTBF para as carreiras de F1.
D'Ambrosio fixo o seu debut en carreira para Lotus no Gran Premio de Italia de 2012; substituíu a Grosjean, quen fora suspendido por unha carreira por causar unha colisión múltiple na rolda anterior en Bélxica.[4] Clasificouse no posto 16º, e comezou no posto 15º debido a unha penalización de 10 postos aplicada a Pastor Maldonado.[5] Terminou no 13º lugar, na volta do líder, 76 segundos por detrás.[6]
Blancpain Endurance Series
[editar | editar a fonte]En 2014, d'Ambrosio pasou dos monoprazas aos GTs, uníndose a Bentley para competir cun Continental GT3 nas Blancpain Endurance Series xunto con Duncan Tappy e Antoine Leclerc.[7]
Fórmula E (2014-presente)
[editar | editar a fonte]En 2014-15, d'Ambrosio disputou a tempada inaugural do Campionato da FIA de Fórmula E co equipo Dragon Racing.
2014-15
[editar | editar a fonte]D'Ambrosio terminou cuarto na clasificación do campionato de pilotos, logrando unha vitoria no Berlin ePrix despois de que o gañador da carreira inicial Lucas di Grassi fora descualificado por violar os regulamentos técnicos. Na parte final da tempada D'Ambrosio logrou tres dos mellores acabados nas últimas catro carreiras. D'Ambrosio foi o único piloto da grella en terminar todas as carreiras, completando todas as voltas de carreiras na tempada inaugural da Fórmula E. D'Ambrosio logrou 113 puntos en 2014-15, 61 dos cales foron acadados en tres das últimas catro carreiras. Dragon Racing terminou segundo no campionato por equipos superando ao equipo Abt na rolda final cun dobre podio.
2015-16
[editar | editar a fonte]D'Ambrosio comezou ben a tempada co quinto en Beijing pero tivo problemas na cualificación nas dúas primeiras roldas contra Duval, quedando 10º e 8º, respectivamente. En Punta do Leste logrou a súa primeira pole na Fórmula E, con Duval xunto a el na primeira fila. Terminou a carreira en terceira posición, un posto por diante de Duval. O resultado moveuno ao terceiro lugar no campionato de pilotos, por detrás de Sébastien Buemi e di Grassi.
Andaina
[editar | editar a fonte]Traxectoria profesional
[editar | editar a fonte]Tempada | Series | Equipo | Carreiras | Poles | Gañados | Podios | Puntos | Posición |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2003 | Formula Renault 1.6 Belgium | Thierry Boutsen Racing | ? | ? | ? | ? | ? | 1º |
Formula König | ? | ? | ? | ? | ? | 240 | 4º | |
2004 | Championnat de France Formula Renault 2.0 | Graff Racing | 14 | 0 | 0 | ? | 156 | 4º |
Eurocup Formula Renault 2.0 | 7 | 0 | 0 | 2 | 28 | 16º | ||
2005 | Formula Renault 2.0 Italia | Euronova Racing | 17 | 1 | 1 | 4 | 199 | 4º |
Formula Renault 2.0 Italia Winter Series | 2 | ? | 2 | ? | 40 | 3º | ||
Eurocup Formula Renault 2.0 | 6 | 0 | 0 | ? | 22 | 15º | ||
Italian Formula 3000 Light | 1 | 0 | 0 | ? | 9 | 6º | ||
2006 | Euroseries 3000 | Euronova Racing | 10 | 0 | 0 | 3 | 39 | 5º |
Formula Renault 3.5 Series | Tech 1 Racing | 7 | 0 | 0 | 0 | 0 | 36º | |
FIA GT Championship | Belgian Racing (GT2) | 1 | 0 | 0 | 0 | 0 | NC | |
2007 | International Formula Master | Cram Competition | 16 | 1 | 5 | 11 | 100 | 1º |
2008 | GP2 Series | DAMS | 20 | 0 | 0 | 2 | 21 | 11º |
GP2 Asia Series | 10 | 0 | 0 | 2 | 12 | 11º | ||
2008–09 | GP2 Asia Series | DAMS | 11 | 1 | 0 | 4 | 36 | 2º |
2009 | GP2 Series | DAMS | 20 | 0 | 0 | 3 | 29 | 9º |
2010 | GP2 Series | DAMS | 18 | 1 | 1 | 2 | 21 | 12º |
Fórmula 1 | Renault F1 Team | Piloto de probas | ||||||
Virgin Racing | ||||||||
2011 | Fórmula 1 | Marussia Virgin Racing | 19 | 0 | 0 | 0 | 0 | 24º |
2012 | Fórmula 1 | Lotus F1 Team | 1 | 0 | 0 | 0 | 0 | 23º |
2013 | Fórmula 1 | Lotus F1 Team | Piloto de probas | |||||
2014 | Blancpain Endurance Series | M-Sport (Pro Cup) | 5 | 0 | 0 | 0 | 15 | 17º |
2014–15 | Formula E | Dragon Racing | 11 | 0 | 1 | 3 | 113 | 4º |
2015–16 | Formula E | Dragon Racing | 7 | 2 | 1 | 2 | 64* | 4º* |
* Tempada en curso.
Resultados completos na Fórmula 1
[editar | editar a fonte]- As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | Posto | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2010* | BAH | AUS | MAL | CHN | ESP | MON | TUR | CAN | EUR | GBR | GER | HUN | BEL | ITA | SEN
TD |
XPN
TD |
RCO
TD |
BRA
TD |
ABU | - | - | ||
2011 | AUS
14 |
MAL
Ret |
CHN
20 |
TUR
20 |
ESP
20 |
MON
15 |
CAN
14 |
EUR
22 |
RU
17 |
ALE
18 |
HUN
19 |
BEL
17 |
ITA
Ret |
SIN
18 |
JPN
21 |
RCO
20 |
IND
16 |
ABU
Ret |
BRA
19 |
24º | 0 | ||
2012 | Lotus F1 | AUS | MAL | CHN | BAH | ESP | MON | CAN | EUR | RU | ALE | HUN | BEL | ITA 13 |
SIN | XPN | COR | IND | ABU | USA | BRA | 231º | 0 |
- TD Participou unicamente nos 1º Adestramentos libres do venres
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Jérôme d'Ambrosio |
- ↑ "Virgin give Jerome D'Ambrosio a racing seat for 2011". BBC News. 21 de decembro de 2010. Consultado o 2010-12-21.
- ↑ [1]
- ↑ "Marussia Virgin Racing Completes 2012 Race Driver Line-up". Virgin Racing. 27 de novembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2011. Consultado o 27 de novembro de 2011.
- ↑ "D'Ambrosio to replace Grosjean". planet-f1.com (TEAMtalk media). 4 de setembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2012. Consultado o 2012-09-04.
- ↑ "2012 Italian Grand Prix grid". F1Fanatic. Consultado o 2012-09-09.
- ↑ "Formula 1 Gran Premio Sandander d'Italia 2012". Formula1.com. 9 de setembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2012. Consultado o 2012-09-09.
- ↑ Watkins, Gary (28 de marzo de 2014). "Ex-F1 man Jerome D'Ambrosio gets Bentley Blancpain GT drive". Autosport (Haymarket Publications). Consultado o 16 de abril de 2014.