Justo Pico de Coaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Guia legislativa y directiva de escuelas rurales…

Justo Pico de Coaña Vinjoy, nado en Ribadeo o 15 de xaneiro de 1821 e finado na mesma vila en 1907[1], foi un mestre e pedagogo galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Obtivo o título de mestre de escola elemental o 30 de xaneiro de 1849. Foi mestre en Viveiro, ocupando a dirección das escolas públicas de devandita vila.[2] Estivo habilitado para o segundo ensino de Matemáticas elementais e Xeografía. Colaborou en El Pensamiento de Galicia e La Ilustración Gallega y Asturiana.[3]

Obra[editar | editar a fonte]

Nuevo método práctico para la enseñanza de la escritura y lectura de la letra cursiva española.
  • Guía legislativa y directiva de escuelas rurales o Manual para la organización y régimen de las escuelas rurales de primera enseñanza, dedicada a los párrocos y maestros de los pueblos rústicos (Mondoñedo, 1859)[4]
  • Reglas de Ortografía castellana en verso, para auxiliar a los niños en los ejercicios prácticos de las escuelas (Ribadeo, 1869; fixéronse até seis edicións, a 3ª en Lugo en 1873, corrixida)
  • Educación popular en Galicia (1880)
  • Carta a Bastián de Pallarega, en Boston (1881)[5]
  • Repertorio de latín comparado con el francés y el italiano (diploma de honra na Exposición Rexional de 1896)[6]
  • Nuevo método práctico para la enseñanza de la escritura y lectura de la letra cursiva española (1886; figurou na Exposición Universal de París de 1900)

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Foi premiado polos seus sistemas e procedementos de ensino. Recibiu a Cruz de Carlos III. Desde 2012 unha rúa en Ribadeo leva o seu nome.[7][8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Redacción (12/12/1907). "Correo de Galicia". Gaceta de Galicia : Diario de Santiago. Decano de la prensa de Compostela: Num. 282 (12/12/1907). 
  2. . Consultable en Galiciana. "Copia del acta de los exámenes generales celebrados en las escuelas públicas de Instrucción primaria de Vivero". Boletín Oficial de la provincia de Lugo (12). 27/1/1851. 
  3. Redacción (15/2/1881). "Noticias bibliográficas". El Correo Gallego. 
  4. "Guia legislativa y directiva de escuelas rurales ó Manual para la organización y régimen de las escuelas rurales de... (1859) - Pico de Coaña, Justo". Galiciana. Consultado o 2/4/2017. 
  5. Fernández del Riego, F. (1992): Diccionario de Escritores en lingua galega. Ed. do Castro (2ª edición). Páx. 688. ISBN 9788474924650.
  6. "Catálogo general de expositores y premios adjudicados, resultado de los juegos florales y certámenes musicales". Consultado o 2/4/2017. 
  7. "Notas de prensa do concello de Ribadeo.Novos nomes de rúas.". Consultado o 2/4/2017. 
  8. "OSM". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]