Just Fontaine

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fontaine
Just Fontaine.jpg
Nome completo: Just Fontaine
Alcume: '
Data de nacemento: 18 de agosto de 1933
Lugar de nacemento: Marrakech, Marrocos Francés
Data de falecemento:
Lugar de falecemento: ,
Nacionalidade: Francés
Club actual: Retirado
Posición: Dianteiro Centro
Altura: metros
Partidos internacionais: 21
Goles: 30 (selección), 195 en total
Ano do debut: 1950
Club do debut: USM Casablanca
Ano do retiro: 1962
Club do retiro: Stade de Reims


Just Fontaine, nado en Marrakech (daquela pertencente ao Marrocos Francés) o 18 de agosto de 1933, é un ex-futbolista francés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ten a marca de máis goles anotados nun mesmo mundial, 13 goles no Mundial de Fútbol Suecia 1958. Na clasificación de máis goles en total figura no cuarto posto, detras de Gerd Muller e Miroslav Klose con 14 e Ronaldo con 15 en 4 mundiais.

Fontaine comeza a súa carreira no USM Casablanca, onde xoga entre 1950 e 1953. o Nice reclútao ese mesmo ano, onde xogará ata 1956 e anotará 44 goles. Rematará no Stade de Reims sustituíndo a Raymond Kopa e con 121 goles en seis tempadas. En total, na liga francesa marcou 165 goles en 200 encontros, e gañou dúas veces o campionato, en 1958 e 1960.

Coa selección francesa, os seus números son aínda máis impresionantes. No seu debut o 17 de decembro de 1953 anota 3 goles contra Luxemburgo, rematando o encontro en 8-0. En total coa escadra nacional marcou 30 goles en 21 partidos, entre eles os 13 do mundial de 1958. Segundo conta o propio Fontaine, neste torneo tirou dezasete veces a porta: trece goles, tres paradas dos porteiros e un remate fóra.

Fontaine xogou o seu derradeiro encontro en xullo de 1962, obrigado a retirarse por mor dunha lesión recorrente.

Foi elixido por Pelé coma un dos 125 mellores futbolistas vivos en marzo de 2004. Tamén foi escollido mellor xogador francés dos últimos 50 anos pola Federación Francesa de Fútbol en novembro de 2003 [1].

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]