IES Universidade Laboral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°19′06″N 8°22′18″O / 43.31833, -8.37167

IES Universidade Laboral
Escudo-Laboral.gif
Enderezo
Datas
Inauguración 1964
Educación
Xestión
Tipo Público
Na rede
http://www.edu.xunta.es/centros/iescruceirobaleares/

O IES Universidade Laboral é un centro de ensino secundario non obrigatorio do concello de Culleredo, situado en Acea de Ama.

Historia[editar | editar a fonte]

Ten a súa orixe na construción en xullo de 1962 da Universidade Laboral para as profesións marítimo-pesqueiras, dentro do I Plan de Desenvolvemento Económico e Social 1964-1967. Unha gran praza de acceso dá entrada ás instalacións da Universidade Laboral, de 3500 m², nun extremo da cal se ergue un mastro de navío de 38 metros de altura.

O conxunto harmonízase dende unha idea de funcionalidade do espazo, o que se concreta nunha serie de edificacións intercomunicadas a través de galerías cubertas dando lugar a un Centro singular nunha contorna única. Foi proxectada polos arquitectos José López Zanón e Luís Laorga Gutiérrez e foi elixida polo Colexio de Arquitectos da Coruña, no día Mundial da Arquitectura (edición 2001) como exemplo da “recuperación da modernidade arquitectónica no noso país nos anos 60".

A andadura do centro iníciase en outubro de 1964 co nome de Universidade Laboral “Crucero Baleares”, con dependencia do Ministerio de Traballo e subvencionado polas Mutualidades Laborais. A orientación profesional preferente era Marítimo-pesqueira, e a procedencia do alumnado, que abarcaba toda España, e a súa condición de bolseiros en réxime de internado, implicou a construción dun internado, ademais das aulas e talleres e dun importante complexo deportivo.

Cos anos seguintes viñeron sucesivas mudanzas que irán configurando a súa identidade: primeiro foi adscrito como Instituto Nacional de Ensinanzas Integradas (INEI) ao Ministerio de Sanidade; posteriormente como Centro de Ensinanzas Integradas (CEI) ó Ministerio de Educación e Ciencia, pasando a denominarse Instituto de Educación Secundaria e Profesional (IESP). Na actualidade está transferido á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia coa denominación de IES Universidade Laboral.

A superficie total reduciuse pola expropiación perimétrica por mor da construción da AP-9 e posteriormente pola subdivisión do recinto en cinco entidades de funcionamento autónomo: o Complexo Deportivo (dependente da Secretaría Xeral de Deportes e Xuventude), o CPI Sofía Casanova, o Centro Residencial Docente, o IES Eduardo Blanco Amor e o propio IES Universidade Laboral.

Oferta educativa[editar | editar a fonte]

A orientación profesional de Marítimo-Pesqueira ampliouse a outras familias profesionais (Electricidade, Frío e Climatización, Electrónica de Comunicacións e Caldeirería), BUP, COU, estudos da UNED e ensinanza profesional de adultos, para incorporarse máis tarde ós novos proxectos educativos deseñados polo MEC (Bacharelatos, FP específica, Educación permanente de adultos (EPA) e Programas de Garantía Social).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]