Julia Lago

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJulia Lago
Biografía
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónilustradora , artista de banda deseñada Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata


Julia Lago, nada na Coruña en 1994, é unha ilustradora e creadora de banda deseñada galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou Economía e seguiu con Belas Artes entre Pontevedra e Granada. Tamén estudou Ilustración e Deseño en Valencia.[1]

A súa primeira publicación de banda deseñada foi da man da Universidade de Vigo. Con Nós seis, gañou o premio Castelao de BD en 2021.[2][3] Na obra conta a infancia da súa avoa nun internado relixioso nos tempos da ditadura franquista. Segundo a autora[4]:

"o título fai referencia ao nome que as monxas lle atribuían ao grupo de amigas" da súa avoa "que tiñan libros, cadernos e pupitres decorados coas iniciais `NS´. Estas iniciais convertidas no seu selo, ocultaban en realidade unha sublevación secreta que facía referencia ao Non Serviam de Lucifer".

Traballa na ilustración e leva A Grelería,[5] unha galería de arte dedicada á obra gráfica xunto con Lacongongrelos,[6] ademais de participar na organización do Autobán, o festival de cómic autoeditado.[7]

Obra[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ECG, Redacción. "Julia Lago gaña o premio Castelao da Deputación da Coruña". www.elcorreogallego.es. Consultado o 2023-08-11. 
  2. G.N. (2021-06-16). "Julia Lago gaña o premio Castelao cun cómic que recrea a infancia da súa avoa nun internado franquista". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2023-08-11. 
  3. Redacción (2021-06-16). "La artista Julia Lago gana el Premio Castelao de Banda Deseñada con la obra ‘Nós Seis’". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2023-08-11. 
  4. culturagalega.org (2021-06-15). "A súa obra Nós Seis aborda a vida dunha nena nun internado franquista a partir dunha historia real". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2023-08-11. 
  5. Redacción (2022-07-13). "Los ladrones destrozan el rótulo artesanal de la galería Grelería de A Coruña". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2023-08-11. 
  6. "laconcongrelos - taier de gráfica". laconcongrelos (en castelán). Consultado o 2023-08-11. 
  7. "Autobán". Autobán (en castelán). Consultado o 2023-08-11.