Julián Mateo Vázquez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1900 ![]() Montefurado, España ![]() |
Morte | valor descoñecido ![]() valor descoñecido ![]() |
Outros nomes | Guaje ![]() |
Actividade | |
Ocupación | maquis ![]() |
Membro de | |
![]() |
Julián Mateo Vázquez, coñecido como Guaje, nado en Montefurado (Quiroga) en 1900, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Botouse ao monte a principios dos anos corenta. Integrouse primeiro no grupo de Mario de Langullo e despois na III Agrupación da Federación de Guerrillas de León-Galicia capitaneada por Xosé Castro Veiga con Gregorio Cenitagoya González, José Pardo Rodríguez, Maximino Rodríguez Pérez e Julio Fernández Rodríguez. Foi reclamado polo xuíz militar de Lugo en outubro de 1949 xunto con outros guerrilleiros encartados na causa 318/49.[1]
Detido, foi xulgado en consello de guerra en Lugo o 25 de outubro de 1954 con Antonio Blanco Fernández, Josefa Nogueira González "Pepa", Constantino Readigos Gómez, José Rodríguez González "Gaiteiro", José Rodríguez Álvarez, Leonardo Guerra Alonso "Herrero", José Cid Delgado e o ex garda civil Pedro Domínguez Castaño. Julián foi acusado de participar en varios atracos e nas execucións de Sergio Corzo Vega e a súa muller Aurelia Pérez Gallego, Rogelio Trincado Trincado, José Rodríguez, Antonio Pérez Gallego e Julio Rodríguez en San Paio o 9 de abril de 1947; nas dos falanxistas Domingo Enrique Rodríguez, cabo da Garda Civil, en Boazo e Ramón Crespo Feijoo en Aguil o 15 de xullo de 1947; e nas de Santiago Blanco Gómez e a súa muller Aurea Vicente García en Sesmil o 11 de setembro de 1948. O fiscal solicitou para el a pena de morte.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Heine, Hartmut (1982). A guerrilla antifranquista en Galicia. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-085-X.