Maximino Rodríguez Pérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Maximino Rodríguez Pérez
Nacemento1912
Lugar de nacementoParadela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmembro da resistencia
editar datos en Wikidata ]

Maximino Rodríguez Pérez, coñecido como Maxi, nado en Paradela en 1902, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Veciño das Bustaregas (Castro de Rei de Lemos). Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 5 de agosto e internado na cadea de Monforte. Xulgado en Lugo o 28 de novembro por auxilio á rebelión con Teodoro López Rodríguez,[1] foi condenado a 16 anos de prisión. Abríronlle expediente de responsabilidade civil en xuño de 1937.[2] Ao saír da cadea foi enlace da guerrilla de Xosé Castro Veiga, e botouse ao monte cando foi descuberto. Preso, acusado de ter contacto co Partido Comunista e con partidas de guerrilleiros, foi xulgado en consello de guerra o 6 de febreiro de 1948, e condenado por rebelión militar xunto con José Santiago Temprano, Victor López Rodríguez e Manuel Rábade Rodríguez. Estivo na Prisión Central de Burgos, de onde saíu en liberdade condicional en marzo de 1950.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 29-11-1936, p. 5.
  2. BOP Lugo, 10-7-1937, p. 1.
  3. BOE, 2-5-1950, p. 1945.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]