Juan Rodríguez Lima
Juan Rodríguez | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Juan Rodríguez Lima | ||
Nacemento | 1 de marzo de 2002 (22 anos) | ||
Lugar de nacemento | Vigo, Galicia | ||
Posición | Defensa central | ||
Información de club | |||
Club actual | RSC Internacional | ||
Carreira xuvenil | |||
2009–2017 | Coruxo | ||
2017–2020 | Deportivo da Coruña | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2020–2022 | Fabril | 57 | (0) |
2022– | RSC Internacional | 7 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 11 de febreiro de 2023. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Juan Rodríguez Lima, nado en Vigo o 1 de marzo de 2002, é un futbolista galego. Xoga na demarcación de defensa central e lateral esquerdo e o seu equipo actual é o RSC Internacional, de Terceira División RFEF.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse nas categorías inferiores do Coruxo FC durante oito anos e en 2017 entrou na canteira do Deportivo da Coruña, en categoría cadete.[1]
Na tempada 2019/20 debutou co Fabril en Terceira división nun partido contra o CD Pontellas. En total foi titular en 10 partidos co filial do Deportivo,[2] que compaxinou co equipo xuvenil e coas súas primeiras convocatorias por parte de Fernando Vázquez para o equipo principal, co que non chegou a debutar. En outubro de 2020 firmou a súa renovación co equipo coruñés ata 2022, coa opción de ampliar o contrato por dúas tempadas máis.[3][2]
Na tempada 2020/21 foi xa parte plenamente do filial e na seguinte, coa competencia de Dani Barcia no posto de central, foi recolocado como lateral esquerdo, posición que o equipo de Óscar Gilsanz non tiña ben cuberta.[4] Disputou un total de 57 partidos co Fabril en dúas tempadas, case todos como titular.
En agosto de 2022 foi fichado polo Real Madrid para o seu segundo filial, o RSC Internacional, de Terceira RFEF.[5]
Selección española
[editar | editar a fonte]Juan Rodríguez foi internacional coa selección española en categorías sub-17 e sub-18.[6]
Polémicas
[editar | editar a fonte]En 2023 foi arrestado por difundir imaxes dun encontro sexual con outros dous futbolistas, unha rapaza menor de idade e outra moza.[7]
Equipos
[editar | editar a fonte]Tempada | Equipo | Categoría | PX[8] | G[8] | TA | TV |
---|---|---|---|---|---|---|
2019-2020 | Deportivo Fabril | 3ª | 10 | 0 | 2 | 0 |
2020-2021 | Deportivo Fabril | 3ª | 21 | 0 | 4 | 1 |
2021-2022 | Deportivo Fabril | 3ª | 26 | 0 | 6 | 0 |
PX: Partidos xogados. G: Goles marcados. TA: Tarxetas amarelas. TV: Tarxetas vermellas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Juan Rodríguez desvela que elixiu ao Dépor "cos ollos pechados" por diante de Villarreal, Valencia ou Celta". 25 de marzo de 2020. Consultado o 25 de maio de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 "El Dépor ata a Juan Rodríguez, una de las perlas de #ANOSACANTEIRA". RC Deportivo. Consultado o 7 de xaneiro de 2021.
- ↑ "El Deportivo se asegura la continuidad de Juan Rodríguez hasta 2022". Riazor.org. Consultado o 7 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Juan Rodríguez empieza de cero en el Fabril". La Voz de Galicia (en castelán). 25 de setembro de 2021. Consultado o 25 de maio de 2022.
- ↑ "Juan Rodríguez ficha por el Real Madrid: otra perla del Dépor llega a La Fábrica". El Español (en castelán). 11 de febreiro de 2023. Consultado o 3 de agosto de 2022.
- ↑ "Juan Rodríguez, a la sub-18". DxT Campeón. Consultado o 7 de xaneiro de 2021.
- ↑ Alejandro Requeijo (2 de setembro de 2024). "Los chats de los canteranos del Madrid sobre el vídeo sexual con la menor: "Tenía 16", "serán guarras"". El Confidencial (en castelán).
- ↑ 8,0 8,1 "Juan Rodríguez". lapreferente.com. Consultado o 7 de xaneiro de 2021.