Juan Pablo Martínez Cortés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJuan Pablo Martínez Cortés
Biografía
Nacemento1976 Editar o valor em Wikidata (47/48 anos)
Zaragoza, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Zaragoza Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeiro de telecomunicacións , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Zaragoza (1999–)
Universidade de Zaragoza Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e Lingua aragonesa Editar o valor em Wikidata

Juan Pablo Martínez Cortés, nado en Zaragoza no ano 1976, é un enxeñeiro e profesor universitario aragonés. Enxeñeiro de Telecomunicacións na especialidade de comunicacións dende 1999 e doutor pola Universidade de Zaragoza dende 2005.

A súa traxectoria profesional desenvolveuse no Centro Politécnico Superior, primeiro, e despois na Escola de Enxeñaría e Arquitectura (EINA). Na actualidade é profesor titular da materia de Teoría do Sinal e Comunicacións no Departamento de Enxeñaría Electrónica e Comunicacións (IEC) da Universidade de Zaragoza.[1] Ademais, é membro e mestre de lingua aragonesa na Asociación Cultural Nogará-Religada.

A área de investigación na que se centrou o seu traballo é o procesamento do sinal, aplicado sobre todo a sinais biomédicos. Pertence ao "Grupo de Tecnologías de las Comunicaciones" do Instituto de Investigación en Enxeñaría de Aragón. No seu curriculum investigador atópanse unha setentena de publicacións en congresos e revistas internacionais dende 1999 até o día de hoxe.[2]

Lingua aragonesa[editar | editar a fonte]

Membro da Asociación Cultural Nogará-Religada onde é mestre,[3] tamén é dende o 15 de decembro de 2012 Membro Correspondente da Academia de l'Aragonés,[4][5] colaborando nos traballos de codificación con dita institución.

Juan Pablo é editor e colaborador habitual da Wikipedia en aragonés.[6] Tamén colabora coa Asociación Softaragonés, na que axudou á creación de software en aragonés, entre o que sobresae o paquete oficial deste idioma para o navegador Mozilla Firefox.[7] Ademais, desenvolveu tecnoloxías de lingüística computacional como a versión en aragonés do tradutor automático Apertium[8] ou o corrector ortográfico baseado en Hunspell, desenvolvido en colaboración con Santiago Paricio.

Xenealoxía[editar | editar a fonte]

Por outra parte, Juan Pablo Martínez Cortés tamén está interesado pola historia e pola xenealoxía de Aragón, sendo membro fundador da xunta directiva da Asociación Cultural de Xenealoxía e Historia de Aragón (AragónGen).[9]

Obras[editar | editar a fonte]

Publicacións científicas relativas á lingua aragonesa[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Martínez Cortes, Juan Pablo". Consultado o 18 de febreiro de 2018. 
  2. "Publicacións persoais de Juan Pablo Martínez Cortés". Consultado o 18 de febreiro de 2018. 
  3. Cursos Nogará. (en aragonés)
  4. L'Estudio de Filolochía Aragonesa incorpora seis nuevos miembros Arquivado 03 de abril de 2016 en Wayback Machine.. (en aragonés)
  5. El aragonés incorpora seis académicos (en castelán)
  6. Aragón, Guillermo (8 de setembro de 2010). "El aragonés triunfa en Wikipedia". El Heraldo. Consultado o 18 de febreiro de 2018. 
  7. "Aragonese Language Pack por softaragones". Consultado o 18 de febreiro de 2018. 
  8. "Traductor automatico Apertium". Consultado o 18 de febreiro de 2018. 
  9. "Organización". Consultado o 18 de febreiro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]