Juan Luis Dalda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Juan Luis Dalda Escudero»)
Infotaula de personaJuan Luis Dalda
Biografía
Nacemento1944 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte8 de febreiro de 2011 Editar o valor em Wikidata (66/67 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónurbanista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata


Juan Luis Dalda Escudero, nado na Coruña en 1944 e finado na mesma cidade o 8 de febreiro do 2011, foi un urbanista e profesor universitario galego[1]. Pertencía a unha coñecida familia coruñesa de construtores e artistas[2].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Doutor en arquitectura, carreira que cursou en Madrid e Berlín, na especialidade de Urbanismo[3].

Labor académica[editar | editar a fonte]

Juan Luis Dalda era profesor da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña dende o ano 1979. Comezou impartindo Estética e Composición para, dous anos despois, encargarse da docencia de Urbanística e Ordenación do Territorio, da que foi profesor titular dende 1995 ata a súa morte[4][5][6][7].

Traballou tamén en proxectos de investigación sobre a estrutura territorial do eixo atlántico Galicia-Norte de Portugal, elaborados por encargo da Asociación de Cidades do Eixo Atlántico.

Percorrido profesional[editar | editar a fonte]

A súa andaina profesional foi derivada da súa militancia política no contorno de Enrique Tierno Galván e, posteriormente, no Partido Comunista de España, no Madrid da década de 1960[3]. Formou parte do grupo Eusa, que por encargo da Fundación Botín redactou o proxecto de rexeneración ambiental sa baía de Santander, pioneira naquela época. Xa en Galicia, en 1975 entrou a formar parte do equipo dirixido por Andrés Fernández-Albalat para a realización do proxecto coñecido como La Ciudad de las Rías, a primeira proposta de ordenación urbanística da área metropolitana coruñesa, que acadou un grande impacto nos medios pero que nunca chegou a materializarse[1].

En 1978 fundou na Coruña, xunto con Ánxel Viña Carregal, Carlos de la Guardia e José Ramón Fernández Antonio, o gabinete Oficina de Planeamiento S.A., cos que participou na dirección de plans e proxectos urbanísticos nas principais cidades de Galicia[8][9]. A súa práctica profesional en Galicia foi extensísima, participou na redacción do planeamento urbanístico municipal dos concellos de Ferrol, Oleiros, Vigo, Ourense, Betanzos e Santiago de Compostela, entre outros. É tamén autor dos plans especiais de protección e rehabilitación do recinto amurallado de Lugo, dos cascos antigos de Ribadeo, Muros e Vigo e de conxuntos históricos como o barrio da Magdalena de Ferrol[1]. Realizou tamén os plans especiais de ordenación dos portos de Vigo e Ferrol[9].

Recibiu o Premio Europeo de Urbanismo 1997-1998 polo Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica de Santiago de Compostela, concedido pola Comisión Europea e o Consello Europeo de Urbanistas.

Obra[editar | editar a fonte]

Juan Luis Dalda elaborou diversos estudos estratéxicos e proxectos de investigación sobre a estrutura territorial das cidades do Eixo Atlántico Galicia-Norte de Portugal.

  • A Cidade Difusa en Galicia. Xunta de Galicia. 2005.  En colaboración con Manuel G. Docampo e Javier G. Harguindey.
  • Identidade Territorial. Proxecto Terra. Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. 2006. 
  • (coord.) (1989). Parque do río Cádavo, Fene: ideas para o seu acondicionamento urbanístico. Pontedeume, López Torre. 
  • O Sistema Urbano do Eixo Atlántico. Porto, Cámara Municipal. 1996. 
  • Teoría y método del planeamiento general y urbano. Universidade da Coruña. ISBN 8497493703. 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 GUTIÉRREZ, J.M. (09/02/2011). www.laopinioncoruna.es, ed. "Fallece el prestigioso urbanista gallego Juan Luis Dalda". Consultado o 10/02/2011.  (en castelán)
  2. www.laopinioncoruna.es, ed. (07/04/2009). "El arte de Pilar Escudero". Consultado o 18/01/2011.  (en castelán)
  3. 3,0 3,1 ESTÉVEZ, X. (12/02/2011). www.elpais.com, ed. "Juan Luis Dalda, un urbanista comprometido". Consultado o 15/02/2011.  (en castelán)
  4. www.xunta.es, ed. (09/02/1995). "Resolución do 9 de febreiro de 1995 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de urbanística e ordenación do territorio, do departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo, a Juan Luis Dalda Escudero". Consultado o 18/01/2011. 
  5. Concello da Coruña (ed.). "Juan Luis Dalda". Consultado o 18/01/2011. 
  6. www.udc.es (ed.). "Proxectos arquitectónicos. Profesorado". Arquivado dende o orixinal o 05/02/2012. Consultado o 18/01/2011. 
  7. www.udc.es (ed.). "Escola Técnica Superior de Arquitectura. Departamentos". Arquivado dende o orixinal o 24/03/2010. Consultado o 18/01/2011.  (en castelán)
  8. "Ánxel Viña Carregal" (Pdf). Consultado o 18/01/2011.  (en castelán)
  9. 9,0 9,1 OBELLEIRO, P. (09/02/2011). www.elpais.com, ed. "Muere Dalda, figura clave del urbanismo comprometido". Consultado o 15/02/2011.  (en castelán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]