Juan Ignacio de Armada Mondragón y Caamaño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Juan Ignacio de Armada Mondragón y Caamaño
Nome completoJuan Ignacio de Armada Mondragón y Caamaño e Juan Ignacio de Armada Mondragón y Caamaño
Nacementoagosto de 1757
 Vedra
Falecemento1824
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmilitar
editar datos en Wikidata ]

Juan Ignacio de Armada Mondragón y Caamaño, nado no pazo de Ortigueira, Santa Cruz de Ribadulla, en agosto de 1757 e finado en Santiago en 1824, foi un aristócrata galego, IV marqués de Santa Cruz de Ribadulla.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era o segundo fillo de Juan Antonio Armada y Mondragón, III marqués de Santa Cruz xde Ribadulla e da súa esposa Ana Ignacia Garcia de Castro. En 1770 sentou praza de cadete e, en 1775 formou parte da expedición a Alxer. En 1792 foi destinado como gobernador de Maracaibo, cargo que exerceu até 1802, en que regresó a Galicia para facerse cargo do marquesado, por falecer o seu irmán maior Antonio, que non tivera descendencia.[1]

Casou en Madrid o 8 de xaneiro de 1793 con Petra Guerra y García de Briones, coa que tivo en Maracaibo en 1796 a Juan Ignacio Armada Mondragón y Guerra, que foi o VI marqués de Santa Cruz de Ribadulla.[2]

En maio de 1808 ocorre a invasión napoleónica. Santiago ferve en ardor patriótico; os estudantes desexan loitar contra os franceses. O claustro universitario, aproveitando as boas disposicións dos alumnos, nunha reunión presidida por Rafael de Múzquiz, arcebispo de Santiago, acordou a organizar un batallón para colaborar co movemento popular a prol de liberar o país. En doce días, o batallón xa contaba con 1.250 voluntarios. O arcebispo, señor da cidade, nomea por aclamación dos estudantes compo xefe da unidade ao coronel marqués de Santa Cruz de Rinadulla, "suxeito ben coñecido no noso continente e colonias pola súa pericia militar, patriotismo e amor ás letras". Aceptou o marqués a encarga e presentouse aos estudantes cunha brillante arenga, disposto para facer a guerra ao seu custo. Dotado o batallón de bandeira,[3] capelán e oficiais, comenzou a instrución. Pronto estuvo preparado (en apenas 42 días), dándoselle ordes, e déuselle a orde de oncorporarse ao exército do Oeste, que estaba ao mando do xeneral Joaquín Blake, onde formaron a vangarda xunto aos voluntarios navarros. O batallón interveu con varia fortuna en accións bélicas, nas que demostrou valor e pericia.[1] Un dos episodios máis recordados foi o de entrar de incógnito á Coruña a recoñecer as baterías, malia estar tomada a cidade polo mariscal Ney.

Mentres o marqués estaba en campaña, a súa esposa recibiu a visita de Jovellanos, que pasou en Santa Cruz unha temporada en 1811, cando recalara en Muros, camiño de Xixón.[1]

Retablo da capela da Piedade da catedral de Santiago, onde se poden ver, a ambos os lados, na parte superior da imaxe, as armas dos Mondragón, e do Marquesado de Santa Cruz de Ribadulla.

Juan Ignacio Armada foi ascendido a brigadier pola Xunta Suprema do Reino de Galicia, continuando ao mando do Real Corpo Militar Literario da Universidade de Santiago.
Recibiu varias condecoracións, así como a Cruz de Comendador da Orde de Isabel a Católica e a Gran Cruz de San Hermenexildo. Tamén foi nomeado doutor honoris causa da Universidad de Santiago, en todas as súas facultades.[1]

Rematada a guerra pasou en Santa Cruz moitas temporadas. Arraxou a finca, terminou o trazado do parque e trouxo plantas de América, madou contruír o estanque grande dp xardón e ocupouse de ampliar a casa. Arrequeceu a biblioteca con algúns libros militares históricos.
Faleceu en Santiago en 1824, sendo soterrado na catedral de Santiago, na capela da Piedade (tamén chamada de Mondragón ou de Santa Cruz).[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Armada.
  2. Juan Ignacio Armada y Mondragón en Geneall.
  3. Esta bandeira aínda se conserva na biblioteca da universidade.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]