Juan Hermida Iglesias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJuan Hermida Iglesias
Biografía
Nacemento1904 Editar o valor em Wikidata
Arteixo Editar o valor em Wikidata
Mortedécada de 1960 Editar o valor em Wikidata (55/65 anos)
A Coruña Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista , panadeiro Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Juan Hermida Iglesias, nado en Arteixo en 1904 e finado na Coruña nos anos sesenta, foi un sindicalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Panadeiro e militante da CNT, foi directivo do Sindicato de Panaderos, delegado dos panadeiros da Coruña nos congresos de 1931 e 1936. En 1933 era secretario da Federación Local da Coruña e foi detido pola folga de maio xunto con outros delegados cenetistas.[1] Representou a Galicia no PNR de xuño de 1934. Foi presidente do gremio de pescadores e socio do Centro de Estudios Sociales Germinal. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse en Arteixo e fuxiu nun pesqueiro dende A Coruña cara Asturias. Abríuselle proceso, sendo declarado en rebeldía. Tras pasar anos en Francia volveu en 1945. Foi detido en marzo de 1947, xulgado na Coruña por rebelión, e condenado a 12 anos de prisión. Tras pasar uns anos no Penal do Dueso foi indultado a mediados dos anos cincuenta, pero foi constantemente detido sen encausamento, especialmente cando visitaba a cidade algunha autoridade relevante do Réxime.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Teresa López Gómez en 1928.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 13-5-1933, p. 4.
  2. La Voz de Galicia, 13-4-1928, p. 4.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]